Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1996

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1996 foi a 47ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 39ª Copa Internacional de Construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 10 de marzo e finalizaron o 13 de outubro.

Modelo:Competición deportivaCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1996
Imaxe
TipoFórmula 1 Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor em Wikidata
Número de participantes24 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Intervalo de tempo10 de marzo de 1996 – 13 de outubro de 1996 Editar o valor em Wikidata
Número de edición47  (1996) Editar o valor em Wikidata
Competición

Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 Damon Hill
Campionato do Mundo de Construtores WilliamsF1
Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Carreires16 Editar o valor em Wikidata

1995 Editar o valor em Wikidata
1997Editar o valor em Wikidata
Damon Hill gañou o campionato con Williams.
O compañeiro de Hill, Jacques Villeneuve (foto de 2002), rematou segundo no seu primeiro ano na F1
Michael Schumacher remotou terceiro con Scuderia Ferrari.

Resumo

Damon Hill gañou o campionato de pilotos, dous anos despois de ser batido por un punto por Michael Schumacher, converténdose no único fillo dun campión do mundo que gañou o título. Hill, quen terminara segundo nas dúas últimas tempadas, viuse seriamente ameazado unicamente polo seu compañeiro de equipo, o recentemente chegado Jacques Villeneuve. Williams Renault gañou facilmente o título de Construtores, xa que non había ningún competidor o suficientemente forte como para desafalo durante todo o campionato. Foi tamén o principio do fin do dominio da década de 1990 de Williams, xa que Hill e o deseñador Adrian Newey marcharon á conclusión da tempada, e o fabricante de motores Renault deixouno tamén a partir de 1997.

O dúas veces campión Schumacher marchou a Ferrari que a pesar dos numerosos problemas de fiabilidade, desenvolveron gradualmente un equipo de primeira a finais da tempada. O defensor do Campionato de Construtores, Benetton Renault, comezou o seu declive cara á metade da grella, ao perder o persoal clave coa saída de Schumacher, e non puido gañar unha carreira. Olivier Panis logrou a única vitoria da súa carreira no Gran Premio de Mónaco.

Equipos e pilotos

Abandonouse o sistema de numeración utilizado desde 1974. A Ferrari déuselle os números 1 e 2 logo da contratación do actual campión Michael Schumacher. Benetton recibiu os números 3 e 4 por gañar o Campionato de Construtores. Williams conseguiu os números 5 e 6 por terminar segundo, McLaren conseguiu o 7 e 8 por terminar cuarto, Ligier o 9 e 10 por terminar quinto, e así sucesivamente. O defensor do campionato de construtores, Benetton, converteuse oficialmente nun construtor italiano, aínda que seguiu coa base en Gran Bretaña.

FotoEquipoConstrutorChasisMotorPneu.PilotoCarreirasPiloto de probas
Scuderia Ferrari SpAFerrariF310Ferrari 046 3.0 V10G1 Michael SchumacherTodas Nicola Larini
2 Eddie IrvineTodas
Mild Seven Benetton RenaultBenettonB196Renault RS8 3.0 V10G3 Jean AlesiTodas Vincenzo Sospiri
Allan McNish
4 Gerhard BergerTodas
Rothmans Williams RenaultWilliamsFW18Renault RS8 3.0 V10G5 Damon HillTodas Jean-Christophe Boullion
6 Jacques VilleneuveTodas
Marlboro McLaren MercedesMcLarenMP4/11
MP4/11B
Mercedes FO 110/3 3.0 V10G7 Mika HäkkinenTodas Jan Magnussen
Ralf Schumacher
8 David CoulthardTodas
Equipe Ligier Gauloises BlondesLigierJS43Mugen-Honda MF-301 HA 3.0 V10G9 Olivier PanisTodas Kelvin Burt
10 Pedro DinizTodas
B&H Total Jordan PeugeotJordan196Peugeot A12 EV5 3.0 V10G11 Rubens BarrichelloTodas Gianni Morbidelli
12 Martin BrundleTodas
Red Bull Sauber FordSauberC15Ford JD Zetec-R 3.0 V10G14 Johnny HerbertTodas Norberto Fontana
15 Heinz-Harald FrentzenTodas
Footwork HartFootworkFA17Hart 830 3.0 V8G16 Ricardo RossetTodas Kenny Bräck
17 Jos VerstappenTodas
Tyrrell YamahaTyrrell024Yamaha OX11A 3.0 V10G18 Ukyo KatayamaTodas Emmanuel Collard
19 Mika SaloTodas
Minardi Team SpAMinardiM195BFord EDM2 3.0 V8
Ford EDM3 3.0 V8
G20 Pedro LamyTodas Tarso Marques
Giovanni Lavaggi
21 Giancarlo Fisichella1, 4-10
Tarso Marques2-3
Giovanni Lavaggi11-16
Forti Grand PrixFortiFG01B
FG03
Ford ECA Zetec-R 3.0 V10G22 Luca Badoer1-10 Franck Lagorce
23 Andrea Montermini1-10

Forti Grand Prix declarouse en quebra despois do GP de Gran Bretaña e deixou de participar no campionato.

Cambios de pilotos

  • O campión da tempada anterior Michael Schumacher deixou Benetton para marchar a Ferrari, coa desculpa da necesidade dun novo desafío. Desprazou a Jean Alesi, que se moveu na dirección oposta. A Gerhard Berger ofrecéuselle a oportunidade de quedar como compañeiro de equipo de Schumacher, pero finalmente optou por unirse a Alesi en Benetton. Ferrari completou o equipo co piloto de Jordan Eddie Irvine.
  • A decisión de Berger de unirse a Benetton botou a Johnny Herbert, quen se uniu a Sauber xunto a Heinz-Harald Frentzen. Os asentos de Sauber foran ocupados en 1995 por Karl Wendlinger, que deixou a F1 aínda loitando por recuperarse completamente das lesións sufridas no Gran Premio de Mónaco de 1994, e Jean-Christophe Boullion, quen regresou ao seu papel de piloto de probas en Williams.
  • Williams botou a David Coulthard, recrutando no seu lugar ao novato canadense Jacques Villeneuve, que gañara o Campionato de 1995 da CART, para asociarse con Damon Hill. Coulthard uniuse a McLaren xunto a Mika Häkkinen, substituíndo a Mark Blundell, quen se mudou a CART con PacWest Racing.
  • Martin Brundle deixou Ligier para substituír a Irvine que marchara a Ferrari en Jordan, onde se uniría a Rubens Barrichello. Ligier o substituíu traendo a Pedro Diniz de Forti xunto a Olivier Panis. Aguri Suzuki, quen compartira asento con Brundle en 1995, deixou a F1.
  • Footwork tiña unha aliñación completamente nova en 1996, prescindindo dos seus tres pilotos de 1995. Gianni Morbidelli converteuse en piloto de probas para Jordan, antes de regresar a un asento de carreira en 1997 con Sauber, mentres que o seu compatriota italiano Max Papis) mudouse aos Estados Unidos para competir na Serie CART. Taki Inoue se rumoreaba que asegurara unha unidade con Tyrrell e Minardi, pero finalmente perdeu ambos asentos e mudouse a autos deportivos. Footwork os substituíu con Jos Verstappen do agora extinto equipo Simtek, e o subcampión en 1995 da International Formula 3000 Ricardo Rosset. O outro piloto de Simtek, Domenico Schiattarella deixou a F1 definitivamente.
  • Luca Badoer mudouse de Minardi a Forti, en substitución de Pedro Diniz, que fichara por Ligier. Como o seu substituto, Minardi trouxo a Giancarlo Fisichella, que estivera correndo con Alfa Romeo no Campionato Internacional de Turismos, para asociarse con Pedro Lamy. O compañeiro de Badoer en Forti sería Andrea Montermini, que correra para o agora extinto equipo Pacific en 1995. Substituíu a Roberto Moreno, quen se mudou a Champ Car.
  • Agás de Montermini, Pacific usara tres pilotos en 1995. Bertrand Gachot formou o seu propio equipo de autos deportivos, mentres que Giovanni Lavaggi regresou á F1 a mediados de 1996 con Minardi e Jean-Denis Délétraz tamén se pasou aos autos deportivos co equipo FIRST Racing.
  • O terceiro equipo extinto, Larrousse, tamén deixou aos seus pilotos sen coche de F1. Christophe Bouchut pasou a competir en autos deportivos para Kremer Racing, mentres que Érik Comas competiu no Xapón no campionato JGTC.
  • Tyrrell foi o único equipo na grella cunha aliñación sen cambios desde 1995, con Ukyo Katayama e Mika Salo.

Cambios a metade de tempada

  • Debido aos seus compromisos con Alfa Romeo no Campionato Internacional de Turismos, Giancarlo Fisichella perdeuse varias carreiras con Minardi. O piloto da European Formula 3000 Tarso Marques competiu no Brasil e no Gran Premio da Arxentina, mentres que Giovanni Lavaggi, que correra para Pacific en 1995, substituíu os dous no Gran Premio de Alemaña de 1996 grazas ao seu apoio financeiro.
  • Forti declarouse en creba despois do Gran Premio do Reino Unido, deixando aos seus dous pilotos sen coche. Luca Badoer eventualmente regresaría á F1 en 1999 con Minardi, logo dun período no Campionato FIA GT, mentres que Andrea Montermini converteuse en piloto de probas para a curta vida do equipo Lola en 1997.

Grandes Premios

RndCarreiraDataCircuítoPole PositionVolta rápidaPiloto gañadorConstrutorResultados
1 Gran Premio de Australia10 de marzoMelbourne Grand Prix Circuit Jacques Villeneuve Jacques Villeneuve Damon Hill Williams-RenaultResultados
2 Gran Premio do Brasil31 de marzoAutódromo José Carlos Pace Damon Hill Damon Hill Damon Hill Williams-RenaultResultados
3 Gran Premio da Arxentina7 de abrilAutódromo Oscar Alfredo Gálvez Damon Hill Jean Alesi Damon Hill Williams-RenaultResultados
4 Gran Premio de Europa28 de abrilNürburgring Damon Hill Damon Hill Jacques Villeneuve Williams-RenaultResultados
5 Gran Premio de San Marino5 de maioAutódromo Enzo e Dino Ferrari Michael Schumacher Damon Hill Damon Hill Williams-RenaultResultados
6 Gran Premio de Mónaco19 de maioCircuíto de Mónaco, Michael Schumacher Jean Alesi Olivier Panis Ligier-Mugen-HondaResultados
7 Gran Premio de España2 de xuñoCircuíto de Cataluña Damon Hill Michael Schumacher Michael Schumacher FerrariResultados
8 Gran Premio do Canadá16 de xuñoCircuíto Gilles Villeneuve Damon Hill Jacques Villeneuve Damon Hill Williams-RenaultResultados
9 Gran Premio de Francia30 de xuñoCircuíto de Nevers Magny-Cours Michael Schumacher Jacques Villeneuve Damon Hill Williams-RenaultResultados
10 Gran Premio do Reino Unido14 de xulloCircuíto de Silverstone Damon Hill Jacques Villeneuve Jacques Villeneuve Williams-RenaultResultados
11 Gran Premio de Alemaña28 de xulloHockenheimring Damon Hill Damon Hill Damon Hill Williams-RenaultResultados
12 Gran Premio de Hungría11 de agostoHungaroring Michael Schumacher Damon Hill Jacques Villeneuve Williams-RenaultResultados
13 Gran Premio de Bélxica25 de agostoCircuíto de Spa-Francorchamps Jacques Villeneuve Gerhard Berger Michael Schumacher FerrariResultados
14 Gran Premio de Italia8 de setembroAutodromo Nazionale Monza Damon Hill Michael Schumacher Michael Schumacher FerrariResultados
15 Gran Premio de Portugal22 de setembroAutódromo do Estoril Damon Hill Jacques Villeneuve Jacques Villeneuve Williams-RenaultResultados
16 Gran Premio do Xapón13 de outubroCircuíto de Suzuka Jacques Villeneuve Jacques Villeneuve Damon Hill Williams-RenaultResultados

Cambios nas regras

O horario de fin de semana foi cambiado para a tempada de 1996 en comparación coa empada de 1995. O número de sesións de adestramentos libres aumentou de dous a tres e o número de voltas asignadas para cada día aumentou de 23 a 30. Ademais, para aumentar o espectáculo, a sesión de cualificación do venres foi eliminada, e substituída por só unha sesión de cualificación, celebrada o sábado pola tarde.

O antigo sistema de ter unha luz vermella e verde para iniciar a carreira foi substituído polo actual sistema de cinco luces vermellas que prenden en forma individual e logo prenden todas para empezar a carreira.

Este ano produciuse a introdución da norma do '107% ', o que significa que todos os coches tiñan que estar dentro do 107% do tempo da pole position co fin de cualificar para a carreira.

En 1996 tamén foi adoptado un novo sistema de numeración para os coches. Anteriormente, o equipo do actual piloto campión simplemente cambiaba o número dos automóbiles co equipo do anterior piloto campión para levar os números 1 e 2, con todo os outros equipos conservaban os seus números actuais. En 1996, ao actual piloto campión déuselle o número 1 e ao seu compañeiro de equipo, o número 2 co resto dos equipos numerados na orde da súa posición final no Campionato de Construtores do ano anterior. A todos os equipos novos asignáronse os números seguintes.

Resultados do campionato

Campionato de Pilotos

Pos.[1]PilotoAUS
BRA
ARX
EUR
SMR
MON
ESP
CAN
FRA
RU
ALE
HUN
BEL
ITA
POR
XPN
Puntos
1 Damon Hill11141RetRet11Ret125Ret2197
2 Jacques Villeneuve2Ret2111Ret322131271Ret78
3 Michael SchumacherRet3Ret22Ret1RetNTSRet49113259
4 Jean AlesiRet23Ret6Ret233Ret23424Ret47
5 Mika Häkkinen54Ret8865553Ret433Ret331
6 Gerhard Berger4RetRet93RetRetRet4213Ret6Ret6421
7 David CoulthardRetRet73Ret2Ret4655RetRetRet13818
8 Rubens BarrichelloRetRet455RetRetRet9466Ret5Ret914
9 Olivier Panis768RetRet1RetRet7Ret75RetRet10713
10 Eddie Irvine375Ret47RetRetRetRetRetRetRetRet5Ret11
11 Martin BrundleRet12Ret6RetRetRet68610RetRet4958
12 Heinz-Harald Frentzen8RetRetRetRet44RetRet88RetRetRet767
13 Mika Salo65RetDSCRet5DSCRet1079Ret7Ret11Ret5
14 Johnny HerbertRetRet97Ret3Ret7DSC9RetRetRet98104
15 Pedro Diniz108Ret107Ret6RetRetRetRetRetRet6RetRet2
16 Jos VerstappenRetRet6RetRetRetRetRetRet10RetRetRet8Ret111
NC Ukyo Katayama119RetDSCRetRetRetRetRetRetRet781012Ret0
NC Ricardo Rosset9RetRet11RetRetRetRet11Ret1189Ret14130
NC Giancarlo FisichellaRet13RetRetRet8Ret110
NC Pedro LamyRet10Ret129RetRetRet12Ret12Ret10Ret16120
NC Luca BadoerNSC11RetNSC10RetNSCRetRetNSC0
NC Giovanni LavaggiNSC10NSCRet15NSC0
NC Andrea MonterminiNSCRet10NSCNSCNTSNSCRetRetNSC0
NC Tarso MarquesRetRet0
PosPilotoAUS
BRA
ARX
EUR
SMR
MON
ESP
CAN
FRA
RU
ALE
HUN
BEL
ITA
POR
XPN
Puntos
Lenda
CorResultado
OuroGañador
Prata2º posto
Bronce3º posto
VerdeRemata nos puntos
AzulNon remata nos puntos
Non se califica (NC)
PúrpuraNon remata (Ret)
VermelloNon se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
NegroDescualificado (DSC)
BrancoNon tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claroPrácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En brancoNon participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Os puntos do Campionato de Pilotos concédense sobre unha base 10-6-4-3-2-1 aos seis primeiros clasificados de cada carreira.

Campionato de Construtores

Williams Renault gañou o campionato de construtores co FW18
Ferrari o segundo lugar no campionato de construtores co F310
Pos.ConstrutorCoche
AUS
BRA
ARX
EUR
SMR
MON
ESP
CAN
FRA
RU
ALE
HUN
BEL
ITA
POR
XPN
Puntos
1 Williams-Renault511141RetRet11Ret125Ret21175
62Ret2111Ret322131271Ret
2 Ferrari1Ret3Ret22Ret1RetNTSRet49113270
2375Ret47RetRetRetRetRetRetRetRet5Ret
3 Benetton-Renault3Ret23Ret6Ret233Ret23424Ret68
44RetRet93RetRetRet4213Ret6Ret64
4 McLaren-Mercedes754Ret8865553Ret433Ret349
8RetRet73Ret2Ret4655RetRetRet138
5 Jordan-Peugeot11RetRet455RetRetRet9466Ret5Ret922
12Ret12Ret6RetRetRet68610RetRet495
6 Ligier-Mugen-Honda9768RetRet1RetRet7Ret75RetRet10715
10108Ret107Ret6RetRetRetRetRetRet6RetRet
7 Sauber-Ford14RetRet97Ret3Ret7DSC9RetRetRet981011
158RetRetRetRet44RetRet88RetRetRet76
8 Tyrrell-Yamaha1665RetDSCRet5DSCRet1079Ret7Ret11Ret5
17119RetDSCRetRetRetRetRetRetRet781012Ret
9 Footwork-Hart18RetRet6RetRetRetRetRetRet10RetRetRet8Ret111
199RetRet11RetRetRetRet11Ret1189Ret1413
Minardi-Ford20Ret10Ret129RetRetRet12Ret12Ret10Ret16120
21RetRetRet13RetRetRet8Ret11NSC10NSCRet15NSC
Forti-Ford22NSC11RetNSC10RetNSCRetRetNSC0
23NSCRet10NSCNSCNTSNSCRetRetNSC
PosConstrutorCoche
AUS
BRA
ARX
EUR
SMR
MON
ESP
CAN
FRA
RU
ALE
HUN
BEL
ITA
POR
XPN
Puntos

Os puntos do Campionato de Construtores concédense sobre unha base 10-6-4-3-2-1 aos seis primeiros clasificados de cada carreira.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas