Callitris

xénero de plantas

Callitris

Callitris preissii
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Pinophyta
Clase:Pinopsida
Orde:Pinales
Familia:Cupressaceae
Subfamilia:Callitroideae
Xénero:Callitris
Vent., 1808
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Callitris é un xénero de coníferas da familia das cupresáceas (Cupressaceae), subfamilia das calitroideas (Callitroideae).

Callitris pancheri (en primeiro plano), no seu ambiente natural, nas Chutes de la Madeleine, Nova Caledonia.

Actualmente recoñécnse dentro do xénero 16 especies, das que 13 son propias de Australia e as outras 3 (C. neocaledonica, C. pancheri e C. sulcata) son endémicas de Nova Caledonia.[1]

Características

As principais características da plantas deste xénero son:[2]

  • Son pequenas ou medianas árbores ou grandes arbustos perennifolios, que miden de 5 a 25 m de altura, chegando até os 40 m en C. macleayana.
  • As follas son escamentas, excepto nas plantas novas de sementeiros, que son aciculares; en C. macleayana as follas aciculares encóntranse mesturadas coas escamentas ao longo de toda a vida da árbore. As escamas están dispostas en seis fileiras ao longo das ramiñas, en verticilos de tres (frecuentemente en verticilos de catro en C. macleayana).
  • conos masculinos son pequenos, de 3 a 6 mm de lonxitude, e se encontran no extremo esterior das ramiñas.
  • Os conos femininos son igualmnte inconspicuos, madurando tras 18 ou 20 meses, e miden de 1 a 3 cm de longo e de ancho; son de forma de globular a ovoide (agudos en C. macleayana), e teñen seis escamas superpostas, grosas, leñosas, dispostos en dous verticilos de tres (a miúdo, 8 escamas en C. macleayana).
  • As piñas permanecen pechadas nas árbores durante moitos anos, abrindo soamente despois de ser queimadas nun incendio; daquela, liberan as sementes, que xerminan no solo queimado.

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1808 polo botánico e relixioso francés Étienne Pierre Ventenat, na súa obra Decas Generum Novorum, aut parum Cognitorum.[3][4]

Especies

Conos de Callitris verrucosa
Callitris glauca

O xénero inclúe as especies seguintes:[1]

  • Callitris baileyi
  • Callitris canescens
  • Callitris columellaris
  • Callitris drummondii
  • Callitris endlicheri
  • Callitris macleayana
  • Callitris monticola
  • Callitris muelleri
  • Callitris neocaledonica
  • Callitris oblonga
  • Callitris pancheri
  • Callitris preissii
  • Callitris rhomboidea
  • Callitris roei
  • Callitris sulcata
  • Callitris verrucosa

Sinónimos

O xénero coñécesa tamén polos sinónimos seguintes:[1]

  • Frenela Mirb.
  • Cyparissia Hoffmanns.
  • Octoclinis F. Muell.
  • Leichhardtia T. Steph. ex Gordon
  • Nothocallitris A. V. Bobrov & Melikyan
  • Neocallitropsis Florin [5]

Etimoloxía

O nome científico Callitris é un derivado irregular do elemento latino calli-,[6] calco do grego antigo καλλί- kallí-, que deriva de κάλλοσ kállos, "beleza", "fermosura".[7]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas