Calidris ruficollis
Calidris ruficollis é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.
Calidris ruficollis Pilro de pescozo rubio [1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calidris ruficollis coa plumaxe de inverno | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Case ameazada[2] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Calidris ruficollis (Pallas, 1776) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1776 polo médico, zoólogo e botánico alemán, célebre polos seus traballos realizados en Rusia, Peter Simon Pallas,[3][4] na súa obra Reise durch verschiedene Provinzen des Russischen Reichs,[3] baixo o nome de Trynga ruficollis.[3][4]
Etimoloxías
Para a do xénero, ver Calidris.
O epíteto específico, ruficollis, está formado polos elementos do latín científico rufi- e -collis. O primeiro está tirado do xenitivo do adxectivo do latín rūfus, -a, -um, "de pelo vermello", e o segundo do xenitivo do nome latino collum, -i, "colo", "pescozo". Literalmente, "de pescozo vermello".[5]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
- Trynga ruficollis Pallas, 1776 (protónimo)
- Tringa albescens Temminck, 1821
- Calidris australis Lesson, 1831
- Calidris ruficolis (erro ortográfico)
Características
Calidris ruficollis é unha das aves limícolas máis pequenas, moi semellante a Calidris minuta (especies que antigamente eran consideradas conespecíficas). O pequeno tamaño do pescozo vermello (en verán), o bico fino e escuro, as patas escuras e os movementos máis rápidos distinguen a esta especie de todas as limícolas agás as outras que tamén teñen as patas escuras.[6]
Mide entre 13 e 17 cm de lonxitude, a súa envergadura alar vai dos 28 aos 37 cm, e a súa masa corpotal oscila entre os 21 e os 51 g. Pódese distinguir de Calidris mauri en todas as plumaxes pola súa combinación de punta fina do bico, os dedos non palmados.[6]
Os adultos reprodutores ten un peito de cor laranxa sen raias, bordeado por marcas escuras abaixo, e unha V branca no lombo. No inverno a identificación da plumaxe é difícil, aínda que ten as patas máis curtas e as ás máis longas que Calidris minuta. Os xuvenís teñen unha plumaxe máis contrastadaolo lombo e liñas brancas máis débiles polas costas que o seu parente. A chamada é un "stit" rouco.[6]
Distribución
Calidris ruficollis é unha ave que realiza grandes migracións. Cría ao longo do litoral ártico do leste de Eurasia, e pasan a estación non reprodutora no sueste asiático e en Australasia, chegando polo sur até Tasmania e Nova Zelandia.
É raro visitante na Europa occidental, coa maioría dos rexistros realizados en Irlanda. Adoita verse no oeste de Alasca e, ocasionalmente, noutros lugares de América.
Comportamento
Calidris ruficollis é unha especie moi gregaria e forma bandadas con outras limícolas pequenas do xénero Calidris, como Calidris acuminata e Calidris ferruginea nas áreas nas que non se reproducen.
Cría
O seu hábitat de reprodución é a tundra. Aniñan no chan e crían desde a primavera até o verán.
Dieta
Aliméntanse en prados húmidos e en zonas lamacentas, principalmente collendo alimentos que localizan coa vista. No seu hábitat non reprodutor aliméntanse de en zonas lamacentas intermareais e ao longo das marxes de lagos de auga doce. Comen principalmente insectos e outros pequenos invertebrados.
Ameazas
A especie está restrinxida á ruta migratoria de Asia oriental-Australasia e sospéitase que a perda de hábitat en lugares críticos na zona do mar Amarelo é a súa ameaza máis importante. Pénsase que a perda de hábitat na rexión do mar Amarelo está a provocar o descenso da poboación de aves acuáticas.[7][8] Até o 65 % do hábitat intermareal no mar Amarelo perdeuse nos últimos 50 anos e, actualmente, este hábitat está a desaparecer a un ritmo dun 1 % anual desde a década de 1980 debido á recuperación das terras para a agricultura, a acuicultura e outras actividades.[9] Centos de aves morreron como resultado do uso de pesticidas en Australia Occidental.[10]
Estado de conservación
Esta especie está restrinxida á ruta aérea de Asia oriental-Australasia, onde se pensa que a perda de lugares clave na rexión do mar Amarelo é a responsábel do descenso das poboacións de aves acuáticas. Pénsase que a especie está a diminuír a un ritmo que se aproxima ao limiar de vulnerábel baixo o criterio de redución do tamaño da poboación, segundo trinta anos de datos de seguimento en Australia e Nova Zelandia. Por iso, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o stauts da especie como NT (case ameazada).[2]
Galería
- Comendo
- Plumaxe de verán
- En Queensland, Australia
- Comendo
- De perfil
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- J. del Hoyo, A. Elliott & J. Sargatal (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. BirdLife International, Cambridge, Reino Unido e Lynx Edicions, Barcelona. España. ISBN 978-8487-334-20-7.
- Jonsson, Lars; Grant, Peter J. (1984). "Identification of stints and peeps". British Birds 77 (7): 293–315.
- Alström, Per; Olsson, Urban (1989). "The identification of juvenile Red-necked and Long-toed Stints". British Birds 82 (8): 360–372.