Caldo galego

O caldo galego é unha sopa ou caldo típico da gastronomía de Galicia.

Caldo galego

TipoSopa
TemperaturaMoi quente
TempoPrimeiro prato
OrixeGalicia Galicia
GastronomíaGastronomía de Galicia
Ingredientes
Orixe animalChourizo
Lacón
Touciño
Unto
Orixe vexetalGrelo
Verza
Repolo
Pataca
Fabas
O unto é un compoñente típico do caldo galego

Ingredientes e elaboración

Os seus principais ingredientes son os grelos, verzas ou repolo xunto con patacas, unto ou graxa de porco, para dar substancia, fabas e ocasionalmente algún ingrediente máis, como chourizo, lacón ou touciño entrefebrado cocido.

Sérvese moi quente, decote como primeiro prato.

Ditos

  • O que non quer caldo, sete cuncas!, Dise daquel que estaba amargado por un contratempo ou unha desgraza e lle ocorren varios.
  • Tan honrado é o caldo com'as castañas - Tan malo é un coma outro[1].

Cantigas

  • Ei vén teu pai,

ei vén túa nai

ei vén teu avó,

que nunca foi bo

caldiño pouco

e verciñas catro

sabell-o pan

comá lingua dun gato.

  • Miña sogra morrèose onte

deixoume o caldo na ola,

vamonos comendo o caldo

quen se morreo, que se morra[2].

Refráns

  • Bebe dispois do caldo, e manda o médico ao diaño.
  • Bebe dispois do caldo, e rite do cirurxiano.
  • Caldo de galiña é p'ró enfermo a millor meiciña.
  • Caldo de tripas, moito repenicas.
  • Caldo e sacramentos, p'ra quen os pida.
  • Caldo sen graxa, pan sen tasa.
  • Caldo sen pan dáselle ao can.
  • Canto máis caldo, máis sopas.
  • Custa máis o caldo que as talladas.
  • De caldo requentado e vento de burato, gárdate coma do diaño.
  • Do bo caldo, pouco; do malo, ningún.
  • Fixo a vella un caldo de grelos e chupouse os dedos.
  • O caldo, ben cocido e ben repousado.
  • O caldo das paridas, non lle fai mal ás preñadas.
  • O caldo de galiña, a ninguén prexudica.
  • O caldo, engrolado, p'ros porcos é un bo bocado.
  • O caldo, en quente; a inxuria, en frío.
  • O caldo quenta o corpo.
  • O que dispois do caldo non bebe, non sabe o que perde.
  • O que no caldo bota viño, de vello faise mociño.
  • Se bebes co caldo, non darás moita avinza ao cirurxiano.
  • Se bebes despois do caldo, podes facerlle a figa ao cirurxiano.
  • Se queres ter ao teu home gordiño dispois do caldo dálle un gotiño sempre que sexa de viño.
  • Todo sexa craro, menos o caldo[3][4].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Caldo de Gloria

Ligazóns externas