Calco (moeda)

moeda da Antiga Grecia

O calco (do grego: χαλκός -chalkòs, "cobre")[1] foi unha moeda da Antiga Grecia cuñada en bronce, propia da Ática.[2][3][4][5]

Calco da cidade-Estado de Colofón, en Xonia, coa cabeza de Apolo no anverso

Historia

Do mesmo xeito ca outras moedas de bronce, a súa circulación comezou a cobrar importancia cara ao remate da época helenística.

No sistema monetario da Antiga Grecia, o calco era a moeda divisionaria máis pequena coñecida. En función dos diferentes padróns monetarios, esta moeda podía equivaler a unha oitava o ben a unha duodécima parte do óbolo, que era unha moeda de prata.[6] Deste xeito, en Atenas e nos imperios seleúcida e tolemaico, o calco equivalía á oitava parte do óbolo; porén, no Peloponeso, en Beocia, en Tesalia, en Xonia e no mar Exeo o óbolo estaba dividido en 12 calcos.[7]

O calco no sistema monetario da Antiga Grecia

As equivalencias do calco coas outras moedas daquela época son as seguintes:[8]

Divisores e múltiplos

Divisores

Existiu un debate sobre a posible existencia de subdivisións do calco. Botando man da documentación antiga, unha listaxe de pagamentos descuberta en 1905 Preto de Mesene daba a entender que as divisións do calco foron utilizadas a finais do período helenístico, polo menos en Mesene[9]. No entanto, outras fontes comunmente utilizadas, como o Onomasticon de Xulio Polux, non mencionaban subdivisión ningunha do calco.[10]

Hoxe coñécense dous divisores do calco:

Múltiplos

  • Dicalco: dous calcos.[14]
  • Tricalco: tres calcos.[15]
  • Tetracalco: catro calcos.[16]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía