É un crocodilio de modestas dimensións, medindo os adultos de 2 a 2,5 m. É de cor olivácea apagada e ten un relevo óseo diante dos ollos, do cal provén o seu outro nome común: caimán de anteollos[3].
Vive en toda clase de ambientes húmidos de auga doce, da cal sae raramente se non é obrigado pola seca; neste caso, refúxiase na lama. De día flota na superficie, mentres que á noite se fai máis activo. Os machos son territoriais e establecen entre eles unha precisa xerarquía. Aínda que non está publicamente documentado, é posible que varias femias poñan os seus ovos nun mesmo niño, compartido e defendido por todas elas.
As femias poñen de 14 a 40 ovos en montes de terra e vexetación en fermentación, na beira da auga, ou sobre masas flotantes de material vexetal entrelazado.
Aínda que intensamente cazado pola súa pel, o Caiman crocodilus, beneficiouse da construción de encoros de auga artificiais, que contribuíron a un aumento significativo da súa poboación.