Caimán

Os caimáns son os réptiles crocodilianos pertencentes á subfamilia Caimaninae (caimaninos),[1][2] que consta de tres xéneros e seis especies vivas, e é unha das dúas liñaxes primarias da familia Alligatoridae; a outra é a dos aligátores.

Descrición

Os caimáns viven en Centroamérica e Suramérica en marismas, pantanos, mangleirais, ríos e lagos. Teñen unha pel escamosa e unha vida principalmente nocturna.

Son de tamaño relativamente pequeno, a maioría das especies miden entre 2 e 2,5 metros de longo de media, cun peso medio entre 6 e 40 kg dependendo das especies, coa excepción do Melanosuchus niger, que pode crecer ata os 5 m de lonxitude e pesar ata 1 100 kg, polo que é a especie de caimán máis grande do mundo e encóntrase nos ríos de correntes lentas e lagos que rodean a cunca do Amazonas. A especie menor é o Paleosuchus palpebrosus, que crece ata os 1,2 a 1,5 m.

Os caimáns distínguense dos aligátores, os seus parentes máis próximos, por unhas poucas características: a carencia de septo óseo entre as ventas dos fociños, teren unha armadura ventral composta por escudos óseos solapados formados por dúas partes unidas por unha sutura, e teren dentes relativamente máis longos e máis delgados que os dos aligátores. Os remaches de calcio das súas escamas fan a súa pel máis rexa que a dos aligátores e crocodilos, polo que a súa pel é menos valiosa para o comercio, aínda que ambas teñen a mesma aparencia, as dos caimáns son menos flexibles.[3] Coñécense varias formas extintas, como Purussaurus, un xénero xigante do Mioceno que medraba ata os 12 m e o igualmente grande Mourasuchus, que tiña un ancho morro parecido ao dun pato.[4]

Comportamento

O Caiman crocodilus

Os caimáns son predadores e, como os aligátores e crocodilos, os caimáns teñen unha dieta que consiste en gran parte de peixes. Tamén cazan insectos (especialmente as crías), aves e pequenos mamíferos e réptiles.

Debido ao seu tamaño e natureza feroz, teñen poucos predadores naturais no seu medio ambiente. Os humanos son os seus principais predadores, xa que se cazan pola súa carne e pel. Os xaguares son o outro único predador dos caimáns.

Os caimáns femias constrúen un gran niño de ata 1,5 m de ancho, no cal poñen de 10 a 50 ovos, que eclosionan nunhas 6 semanas. Unha vez que eclosionan a nai leva as crías a unha poza onde aprenden a cazar e nadar.

Caiman latirostris
Caiman yacare

Taxonomía

Melanosuchus niger
Paleosuchus palpebrosus
Paleosuchus trigonatus

Existen 6 especies vivas de caimáns (ver as imaxes), clasificadas en tres xéneros: Caiman (3 especies), Paleosuchus (2 especies) e Melanosuchus (1 especie). Ademais coñécense moitas especies extinguidas.

Filoxenia

Velaquí un cladograma modificado de Brochu (2011).[5]

 Alligatoridae 

Alligatorinae

 Caimaninae 

Eocaiman cavernensis

Necrosuchus ionensis

Tsoabichi greenriverensis

Paleosuchus palpebrosus

Paleosuchus trigonatus

Mourasuchus

Orthogenysuchus olseni

Purussaurus mirandai

Purussaurus neivensis

 Jacarea 

Caiman crocodilus

Caiman yacare

Caiman latirostris

UCMP 39978 (referido a Caiman lutescens)

Melanosuchus fisheri

Melanosuchus niger

Estoutro é un cladograma modificado de Hastings et al. (2013).[6]

Stangerochampsa mccabei

Brachychampsa montana

Brachychampsa sealeyi

 Alligatoridae 

Alligatorinae

 Caimaninae 

Culebrasuchus mesoamericanus

Eocaiman cavernensis

Tsoabichi greenriverensis

Paleosuchus palpebrosus

Paleosuchus trigonatus

Centenariosuchus gilmorei

Purussaurus neivensis

Mourasuchus

Orthogenysuchus olseni

Caiman crocodilus

Caiman yacare

Caiman latirostris

Caiman lutescens

Melanosuchus fisheri

Melanosuchus niger

Notas