Cadel Evans Great Ocean Road Race 2018

A Cadel Evans Great Ocean Road Race 2018 foi unha carreira ciclista dun día disputada o 28 de xaneiro de 2018 en Australia. Esta foi a cuarta edición da Cadel Evans Great Ocean Road Race e a segunda proba do UCI World Tour 2018.[1][2]

Modelo:Competición deportivaCadel Evans Great Ocean Road Race 2018
Nome oficialCadel Evans Great Ocean Road Race Editar o valor em Wikidata
TipoGreat Ocean Road Race Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Parte deUCI WorldTour 2018 Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento164 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaMelbourne Editar o valor em Wikidata
Liña de metaDeakin University Geelong Waterfront Campus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Número de participantes106, inicio
69, final Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísAustralia Editar o valor em Wikidata
Número de edición4  (2018) Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Jay McCarthy
Segundo da clasificación xeral Elia Viviani
Terceiro da clasificación xeral Daryl Impey
Gañador da clasificación da montaña Lasse Norman Hansen
Vencedor da classificação dos jovens Bjorg Lambrecht
Winner of the sprint classification Pavel Kochetkov
Vencedora da classificação por equipas Quick-Step Floors 2018
Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialcadelevansgreatoceanroadrace.com.au Editar o valor em Wikidata

← 2017 Editar o valor em Wikidata

O corredor australiano Jay McCarthy (Bora–Hansgrohe) liderou un selecto grupo de 24 corredores do que obtivo a vitoria,[3] por diante do italiano Elia Viviani (Quick-Step Floors Team), mentres que o recente gañador surafricano do Tour Down Under 2018 Daryl Impey (Mitchelton–Scott), que tamén continuaba líder do ránking do World Tour.

Percorrido

Ruta desta edición

O trazado da proba consistiu nunha primeira parte duns 100 km en ruta seguidos de 4 voltas a un circuíto arredor da cidade de Geelong, lugar onde tamén estaba a saída. Ese circuíto urbano contaba cun repeito de 1,5 km ao 7%. En total, a carreira tivo unha distancia de 164 km. Parte do percorrido tamén foi común ao empregado nos Campionatos do Mundo de Ciclismo en Ruta de 2010 que tiveran lugar en Melbourne.

Equipos

Como a carreira foi engadida ao calendario do UCI World Tour no 2017, tódolos UCI WorldTeams foron invitados á proba, pero non obrigados a correr nela. Como resultado destas decisións, 12 dos 18 WorldTeams competiron na Great Ocean Road Race[4], 4 menos ca na edición anterior. Tres equipos Profesionais Continentais competiron – tamén un menos que no 2017. Ademais, unha selección nacional australiana completou o pelotón de 16 formacións.

UCI WorldTeams

EquipoPaísCódigo
AG2R La Mondiale FranciaALM
BMC Racing Team Estados UnidosBMC
Bora-Hansgrohe AlemañaBOH
Team Dimension Data SuráfricaDDD
Team Katusha-Alpecin SuízaKAT
LottoNL-Jumbo Países BaixosTLJ
Lotto-Soudal BélxicaLTS
Mitchelton-Scott AustraliaORS
Quick-Step Floors BélxicaQST
Team Sky Reino UnidoSKY
Team Sunweb AlemañaSUN
Trek-Segafredo Estados UnidosTFS

Equipos invitados

EquipoPaísCódigo
Aqua Blue Sport IrlandaABS
Israel Cycling Academy IsraelICA
Roompot–Nederlandse Loterij Países BaixosROO
Selección nacional Australia

Clasificación[5]

PosCiclistaDorsalEquipoTempoPts
Jay McCarthy14Lotto-Soudal4 h 04' 00"300
Ella Viviani31Quick-Step Floorsm.t.250
Daryl Impey61Mitchelton-Scottm.t.215
Dries Devenyns32Quick-Step Floorsm.t.175
Simon Gerrans41BMC Racing Teamm.t.120
Niklas Arndt1Team Sunwebm.t.115
Steele Von Hoff153Australiam.t.95
Maurits Lammertink84Team Katusha-Alpecinm.t.75
Enrico Battaglin106LottoNL-Jumbom.t.60
10º Lars Bak91Lotto-Soudalm.t.50
11º Robert Gesink101LottoNL-Jumbom.t.40
12º Owain Doull22Team Skym.t.35
13º Pierre Latour71AG2R La Mondialem.t.30
14º Koen de Kort52Trek-Segafredom.t.25
15º Maarten Wynants102LottoNL-Jumbom.t.20

Carreira feminina

Un día antes da carreira masculina, o 27 de xaneiro, disputouse a carreira feminina. Cos mesmos lugares de saída e chegada que os homes, as féminas facían un percorrido de case 110 km ata alcanzar o porto de Geelong.

Clasificación[6]

As 5 primeiras corredoras en meta foron as seguintes:

PosCiclistaDorsalEquipoTempoPts UCI
Chloe Hosking31Ale-Cipollini3 h 15' 54"125
Gracie Elvin4Mitchelton-Scottm.t.85
Giorgia Bronzini42Cylancem.t.70
Audrey Cordon-Ragot25Wiggle High5m.t.60
Katarzyna Pawlowska83Team Virtum.t.50

Referencias

Ligazóns externas