Cabra montés galega

subespecie de mamífero
Cabra montés galega

Última foto realizada a un exemplar vivo en 1908.
Estado de conservación

Extinto dende 1892
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Artiodactyla
Familia:Bovidae
Xénero:Capra
Especie:Capra pyrenaica
Subespecie:Capra pyrenaica lusitanica
Schlegel, 1872

A cabra montés galega[1] ou cabra montés portuguesa[1] (Capra pyrenaica lusitanica) é unha subespecie extinta da cabra montesa que habitaba antigamente nas zonas montañosas do norte de Portugal, Galicia, Asturias e Cantabria occidental.

Taxonomía

A subespecie foi descrita en 1872 polo naturalista alemán Hermann Schlegel.[2]

Extinción

Este animal foi exterminado debido á caza excesiva e a destrución do seu hábitat a finais do século XIX, desaparecendo en 1890 de España e en 1892 do seu derradeiro refuxio na portuguesa serra do Gerês.

Reintrodución dunha subespecie semellante

Dende 1993 a Xunta de Galicia está repoboando algunhas zonas de Galicia con cabras montesas da Serra de Gredos, membros da subespecie máis semellante aínda viva, a Capra pyrenaica victoriae da Meseta Central.

Esta política foi imitada por Asturias e está en estudo en Cantabria, aínda que neste caso é máis por motivos cinexéticos e turísticos que polo interese medioambiental.[Cómpre referencia]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas