Club Deportivo Guadalajara (España)

(Redirección desde «CD Guadalajara (España)»)

O Club Deportivo Guadalajara é un club de fútbol español, da cidade de Guadalaxara. Foi fundado en 1947 e actualmente compite na Terceira División.

Guadalajara
NomeClub Deportivo Guadalajara S.A.D.
Alcume(s)Dépor;
Guada
Fundación30 de xaneiro de 1947 (77 anos)
EstadioPedro Escartín,
Guadalaxara, España
Inauguración1 de abril de 1970
Capacidade5.000
PresidenteEspaña Germán Retuerta
AdestradorEspaña Alberto Parras Miguel
Liga3ª – Grupo 18
2015–1617.º (2ªB – Grupo 2)
Na rede
http://www.deportivoguadalajara.es/
Titular
Alternativo
Terceiro

Historia

Foi fundado o 30 de xaneiro de 1947, inscribiuse na Federación Castelá de Fútbol o 5 de febreiro dese mesmo ano. O primeiro partido oficial que xogou o Deportivo Guadalajara foi o 26 de xaneiro de 1947, contra o Ávila, no campionato de afeccionados, cultivando un resultado positivo de 2-1. O día 1 de abril de 1970 inaugurouse o campo no que aínda xoga, denominado Pedro Escartín. O himno oficial do Deportivo Guadalajara, composto polo mestre Luís Posadas, presentouse o 18 de xullo de 1985, na primeira rolda da Copa do Rei disputada contra o Rayo Vallecano.

Na tempada 1986/1987, o club queda encadrado no grupo XVIII da Terceira División debido á división de comunidades. A de Guadalaxara foi a única provincia española (ata a tempada 2007-08) que nunca tivo un equipo polo menos en Segunda B. En múltiples ocasións xogou a liguiña de ascenso á Segunda División B, non conseguindo ascender ata a tempada 2006/2007 cando conseguiu o ascenso o día 24 de xuño de 2007 no último partido de promoción contra Las Palmas B pasando a eliminatoria cunha vitoria en casa (2-1) e un empate (1-1) no Estadio Pepe Gonçalvez de As Palmas de Gran Canaria.

Dous xogadores, que posteriormente se fixeron famosos e que chegaron a internacionais na década dos 60, vestiron a súa camiseta: Isacio Calleja e Carlos Lapetra.

Na tempada 2010-11 consegue un histórico ascenso a Segunda División Española.

O 10 de marzo de 2012 consegue a maior entrada da historia no seu estadio "Pedro Escartín" ao recibir ao Deportivo da Coruña, que naquel momento era o líder da categoría[1].

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta morada, pantalón branco e medias moradas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias brancos.

Estadio

Artigo principal: Estadio Pedro Escartín.

O actual campo de fútbol é o Pedro Escartín, con capacidade para 5000 espectadores. Atópase situado na rúa Julián Besteiro, con accesos por esta rúa, en Guadalaxara.

Ten este nome en honra a Pedro Escartín Morán (Madrid, 8 de agosto de 1902 - Majadahonda, 21 de maio de 1998) que foi foi xogador, árbitro, e adestrador de fútbol español, ademais de xornalista e escritor.

Datos do club

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 1
  • Tempadas en 2ª B: 4
  • Tempadas en : 46

Xogadores

Cadro 2011/12

PostoPaísXogador
1POR Sanmiguel
2DEF Antonio Moreno
3DEF Javi Barral
4DEF David Fernández
5DEF Gaffoor
6MED Rodri
7DEL Arriaga
8MED Javi Soria
9DEL Aníbal
10MED Jony
11MED Ernesto
PostoPaísXogador
12MED Oya
13POR Saizar
15DEF Ander Gago
16DEL Ryan Harper
17MED Iván Moreno
18DEF Víctor Fernández
19DEF Jorge
20DEL Cristian Fernández
21MED Jonan García
22MED Gerard Badía
26POR Javi González

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas