CD24

proteína da superficie de certas células

O CD24 (cluster de diferenciación, transdutor de sinais CD24 ou antíxeno estable á calor CD24 (HSA) é unha proteína da superficie de certas células, que nos humanos está codificado polo xene CD24 do cromosoma 6.[1] O CD24 funciona como molécula de adhesión celular.

O CD24 é unha glicoproteína expresada na superficie da maioría dos linfocitos B e neuroblastos en diferenciación e granulocitos maduros. A proteína está ancorada por un enlace de glicosilfosfatidilinositol (GPI) á superficie celular.[2] O xene está asignado ao cromosoma 6, pero un aliñamento desta secuencia xénica atopa localizacións xenómicas con semellanzas nas rexións cromosómicas 3p26, 15q21, 15q22, 20q11.2 e Yq11.1.[3]

Esta proteína de adhesión celular foi identificada orixinalmente como antíxeno estable á calor do rato. Está implicado nas metástases e exprésase moito nas células dos neoplasmas.[4] Variacións xenéticas do xene CD24 foron asociadas coa susceptibilidade á esclerose múltiple.[5]

O CD24 modula as respostas de activación de células B. A sinalización podería estar desencadeada pola unión dun ligando de tipo lectina aos carbohidratos de CD24, e transducida pola liberación dun segundo mensaxeiro derivado da áncora GPI. Promove a proliferación dependente de antíxeno das células B, e impide a súa diferenciación terminal a células produtoras de anticorpos.[6]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas