CB Lucentum Alicante

O Club Baloncesto Lucentum Alicante foi un club de baloncesto español con sede na cidade de Alacant, Comunidade Valenciana. Fundado en 1994, militou durante nove temporadas na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. Desapareceu en agosto de 2015 por problemas financeiros, cedendo a súa praza na Liga LEB Prata á Fundación Lucentum Baloncesto, club creado dous meses antes coa intención de salvar o baloncesto profesional na cidade.[1]

Lucentum Alicante
Información xeral
Fundación1994
Desaparición2015
Cores          Branco, azul
Localización
CidadeEspaña Alacant, España
PavillónPabellón Pedro Ferrándiz
Capacidade5 425
Inauguración1993
Campionatos
Liga LEB2 (2000, 2002)
Copa Príncipe2 (2002, 2009)
Para o actual equipo da Liga LEB, véxase Fundación Lucentum Baloncesto.

Traxectoria

O 31 de maio de 1994 un grupo de persoas vinculadas ao baloncesto alacantino, basicamente a través do Club de Baloncesto Miguel Hernández, deciden crear un novo club coa denominación de Club Baloncesto Lucentum Alicante. O 25 de xullo de 1994 acepta a invitación para competir na Liga EBA. Na primeira tempada o proxecto recibiu o soporte económico da empresa "Ernesto Electrodomésticos". NA súa primeira temporada, o club superou os obxectivos deportivos marcados inicialmente, chegando á semifinal para o ascenso á liga ACB. O soño non se puido facer realidade, xa que no último segundo perdeu por un punto fronte ao Gijón Baloncesto, que ascendeu á ACB.

Ao longo de 1996 a Federación Española de Baloncesto reestruturou as categorías coa creación da Liga Española de Baloncesto (LEB), á cal se accedía por palmarés deportivo e por convite entre os equipos que o solicitaban e superaban unha auditoría sobre a súa situación económica. O Lucentum Alicante solicitou a súa inclusión e, despois de cumprir todos os requirimentos, foi admitido como equipo LEB, sendo o único representante da Comunidade Valenciana desta categoría. As boas campañas realizadas na LEB culminaron na temporada 1999−00 co liderado na clasificación e o ascenso á ACB. Na súa primeira etapa na máxima categoría, as limitacións económicas e deportivas marcaron o equipo, que non puido evitar o descenso á LEB.

Na temporada 2001−02 prodúcese unha mudanza importante na traxectoria do club. Un novo grupo de persoas, encabezadas por Luis Castillo, inicia un novo proxecto que decontado comeza a dar os seus froitos: conséguese a Copa Príncipe de Asturias de Baloncesto, o campionato da LEB e o retorno á ACB. O novo proxecto conseguiu atraer o interese da cidade de Alacant, dos medios de comunicación e da sociedade alacantina. Desde a tempada do ascenso, o Lucentum atinxiu dúas clasificacións para os playoffs polo título, coa súa correspondente clasificación para as competicións europeas, e a histórica participación na Copa do Rei de Zaragoza en 2004. Con todo, na tempada 2006−07 o Lucentum descende á liga LEB, dimitindo o seu presidente e ocupando o seu lugar Miguel Cano. Pouco tempo despois, na temporada 2008−09, o club regresa á máxima categoría, onde permance até a temporada 2011−12 co descenso á Liga LEB Ouro. Debido a dificultades económicas o club desparece en agosto de 2015, cedendo a súa praza na Liga LEB Prata á Fundación Lucentum Baloncesto, club creado dous meses antes coa intención de salvar o baloncesto profesional na cidade.[1]

Patrocinios

Alén de Lucentum Alicante, o club tivo outro nomes ao longo da súa historia por motivos de patrocinio:

  • Ernesto Electrodomésticos (1994–1996)
  • Proaguas Costablanca (2000–2001)
  • Etosa Alicante (2002–2007)
  • Alicante Costablanca (2007–2008)
  • Meridiano Alicante (2009–2011)

Xogadores

Destacados

Adestradores

Os seguintes son os adestradores do Lucentum Alicante en ACB.

  • Andreu Casadevall (2000−2001)
  • José Luis Oliete (2001)
  • Julio Lamas (2002−2003)
  • Luis Casimiro (2003)
  • Alfredo García (2003)
  • Trifón Poch (2003−2007)
  • Oscar Quintana (2009−2010)
  • Txus Vidorreta (2010−2012)


Palmarés

Liga LEB

  • Campións (2): 2000, 2002
  • Subcampións (2): 2009, 2013

Copa Princesa de Asturias

  • Campións (2): 2002, 2009
  • Subcampións (1): 2008

Lliga Valenciana

  • Campións (3): 2004, 2006, 2011
  • Subcampións (4): 2005, 2008, 2009, 2010

Historial

AnoNivelLigaPos.V–DCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas
1994–952EBA24–14
1995–962EBA11º15–20
1996–972LEB19–16
1997–982LEB15–17
1998–992LEB11º12–19Copa PríncipeCF
1999–002LEB30–12Copa PríncipeCF
2000–011ACB17º9–25
2001–022LEB27–1–12Copa Príncipe
2002–031ACB19–19
2003–041ACB14º14–202 Copa ULEBTR3–7
2004–051ACB25–14Cuartos de final
2005–061ACB12º14–202 Copa ULEBOF6–6
2006–071ACB17º12–22
2007–082LEB Ouro26–12Copa Príncipe
2008–092LEB Ouro29–10Copa Príncipe
2009–101ACB15º13–21
2010–111ACB16º9–25
2011–121ACB18–18Cuartos de final
2012–132LEB Ouro27–11
2013–1451ª Div.27–1
2014–153LEB Prata22–14

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas