CB Granada

O Club Baloncesto Granada, S.A.D. foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Granada, Andalucía. Fundado en 1994, foi creado para cubrir a desaparición por problemas económicos do Club Deportivo Oximesa. Partindo da segunda categoría, a Liga EBA e tras comprar a praza do Club Baloncesto Salamanca, o equipo xogou doce temporadas na Liga ACB até a súa desaparición en 2012 debido a problemas institucionais e económicos.

Club Baloncesto Granada
Información xeral
Fundación28 de xuño de 1994
Desaparición2012
HistoriaC.A.B. Granada (1994−1996)
Cores          Granate, verde
Localización
CidadeEspaña Granada, España
PavillónPalacio de Deportes
Capacidade8 546
Inauguración1991
cbgranada.com
Para o actual equipo de baloncesto de Granada, véxase Fundación CB Granada.

Traxectoria

O CB Granada SAD sucedeu ao anterior club da cidade, o Club Deportivo Oximesa, desaparecido por problemas económicos. O Club Asociación Baloncesto Granada (C.A.B. Granada) constituíuse o 28 de xuño de 1994 so a fórmula de Asociación Deportiva procedendo do desaparecido C.A.B. Loja. Tras participar dous anos na Liga EBA, o 14 de xuño de 1996 o CAB Granada comprou os dereitos para participar na Liga ACB ao Club Baloncesto Salamanca. O 11 de xullo dese mesmo ano, o club constitúese en Sociedade Anónima Deportiva.

Na temporada 1998−99, o Granada descende á Liga LEB, logrando regresar á máxima categría dúas temporadas despois, na temporada 2000−01. Dúas temporadas despois o club volve perder a categoría, mais retorna na campaña 2003−04 tras só unha tempada na LEB. Despois de sete temporadas consecutivas na ACB, onde non consegue superar o décimo lugar, o equipo desence na temporada 2010−11 á Liga LEB Ouro. Na segunda categoría o club finaliza en último lugar, decendendo á LEB Prata. Tras diversos problemas institucionais e económicos, o club anunciou a liquidación da entidade e a súa desaparición.

Patrocinios

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • SPAR Granada (1994–1996)
  • Covirán Sierra Nevada (1996–1998)
  • Covirán Cervezas Alhambra (1998–1999)

Xogadores

Destacados

Adestradores

A seguinte é unha lista dos adestradores do CB Granada.

  • Antonio Gómez Nieto (1994–1996)
  • José Alberto Pesquera (1996–1997)
  • Pedro Martínez (1997–1998)
  • Antonio Gómez Nieto (1998)
  • Miguel Ángel Martín (1998–1999)
  • David Cárdenas (1999)
  • Iñaki Irirarte (1999–2000)
  • Kike Gutiérrez (2000)
  • José Alberto Pesquera (2000)
  • Antonio Gómez Nieto (2000–2003)
  • Sergio Valdeolmillos (2003–2008)
  • Trifón Poch (2008–2011)
  • Curro Segura (2011–2012)
  • Miguel Ángel Zapata (2012)

Palmarés

Copa de Andalucía

  • Campións (3): 2000, 2004, 2006
  • Subcampións (2): 2008, 2009

Historial

AnoNivelLigaPos.V–DCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas
1994–952EBA23–13
1995–962EBA24−6
1996–971ACB13º14–203 Copa KoraćDF5–3
1997–981ACB16º14–25
1998–991ACB17º8–26
1999–002LEB10º16–19Copa PríncipeCF
2000–012LEB26–16
2001–021ACB14º12–22
2002–031ACB18º5–29
2003–042LEB27–17
2004–051ACB15º12–22
2005–061ACB13º14–20Supercopa
2006–071ACB11º15–19
2007–081ACB15º12–22
2008–091ACB11º12–20
2009–101ACB10º15–19
2010–111ACB17º7–27
2011–122LEB18º7–27

Véxase tamén

Ligazóns externas