Círculo Popular de La Felguera

O Círculo Popular de La Felguera foi un club de fútbol español con sede en La Felguera, Asturias. Fundado en 1918, xogaba os seus partidos como local no Estadio La Barraca, e existiu ata 1961, cando se fusionou co Racing de Sama para dar lugar á Unión Popular de Langreo. Chegou a militar cinco tempadas na Segunda División, entre 1953 e 1958.

CP La Felguera
NomeCírculo Popular de La Felguera
Fundación1918
Desaparición1961
EstadioLa Barraca
Capacidade5.000
Na casa

Historia

Foi fundado en 1918 en La Felguera, Asturias, como unha asociación de carácter cultural e deportivo co nome de Círculo Popular de La Felguera.[1] Anteriormente existía xa na vila outro equipo de fútbol, o Atlético Felguerino, e varios dos xogadores deste pasaron a formar parte do Círculo Popular. O equipo militou nas categorías rexionais ata 1943, cando logrou o ascenso á Terceira División.[1] Tres anos despois proclamouse campión do seu grupo, accedendo así á segunda fase da competición, onde foi segundo por detrás do Barakaldo, perdendo as opcións de ascenso.[2] Continuou na categoría de bronce ata a tempada 1952/53, cando se proclamou campión do Grupo I por diante da Cultural Leonesa e a Ponferradina, conseguindo o ascenso directo á Segunda División.[3] Nese momento o club cambiou de nome, pasando a chamarse La Felguera Siderúrgica Círculo Popular.[1]

Na súa estrea na categoría de prata o equipo acabou 13º, tendo que xogar a continuación unha promoción de permanencia, encadrado nun grupo coa Ponferradina, o Caudal, o Huesca e o Girona. Conseguiu catro vitorias e un empate en oito partidos, logrando así manter a categoría xunto co Caudal.[4] Na seguinte campaña, con Jesús Barrio como adestrador, o CP La Felguera obtivo o mellor resultado da súa historia, acadando a sétima posición da Segunda División.[5] Militou durante tres tempadas máis na categoría, ata que finalmente acabou descendendo na 1957/58, tras quedar último.[6] Durante eses anos pasaron polo club xogadores como Francisco Irureta, Perfecto Gastón, Lucio, Herrero ou os galegos Martín Esperanza, Basteiro, Juananco e Chas.[7][8]

Xogou tres tempadas máis na Terceira División, proclamándose dúas veces campión e outra subcampión, pero sen conseguir ascender de novo a Segundo, ao quedar eliminado nas promocións de ascenso sucesivamente contra Getxo, Salamanca e Albacete. Finalmente, en 1961 fusionouse co Racing de Sama, dando lugar á Unión Popular de Langreo.[1]

Estadio

O equipo xogaba os seus partidos como local no estadio La Barraca, situado en La Felguera.

Traxectoria

Historial

TempadaNivelCategoríaPostoCopa do Rei
1918–1940Rexional
1939/4041ª Rex.
1940/4141ª Rex.
1941/4231ª Rex.
1942/4331ª Rex.
1943/4431ª rolda
1944/453
1945/463
1946/473
1947/4834ª rolda
1948/4932ª rolda
1949/503
TempadaNivelCategoríaPostoCopa do Rei
1950/513
1951/523
1952/533
1953/54213º
1954/552
1955/56213º
1956/57215º
1957/58218º
1958/593
1959/603
1960/613

Palmarés

Notas