Brose Bamberg

O Brose Bamberg é un club profesional de baloncesto da cidade de Bamberg, Baviera, que xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto alemán. Fundado en 1955, o Bamberg é un dos equipos máis galardoados do baloncesto xermano, sendo ademais o primeiro equipo do país en chegar ao Top 16 da Euroleague Basketball. O equipo xoga os seus partidos como local no Brose Arena, recinto con capacidade para 6 150 espectadores. O principal patrocinador do club é a compañía automobilística Brose Fahrzeugteile.

Brose Bamberg
Información xeral
LigaBBL / BCL
Fundación1955
Historia1.FC 01 Bamberg (1955–1988)
TTL Bamberg (1988–1995)
TTL uniVersa Bamberg (1995–2000)
TSK uniVersa Bamberg (2000–03)
GHP Bamberg (2003–2006)
Brose Baskets (2006–2016)
Cores               Vermello, gris, branco
PresidenteAlemaña Norbert Sieben
Adestrador Ainars Bagatskis
PatrocinadorBrose Fahrzeugteile
Localización
CidadeAlemaña Bamberg, Alemaña
PavillónBrose Arena
Capacidade6 150
Inauguración2001
Campionatos
Liga9 (2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2017)
Copa6 (1992, 2010, 2011, 2012, 2017, 2019)
Supercopa5 (2007, 2010, 2011, 2012, 2015)
brosebaskets.de

Historia

O club foi fundado en 1955 co nome de 1 FC 01 Bamberg.[1] Quince anos despois, en 1970, o club xogou por primeira vez na Basketball Bundesliga, a máxima competición do baloncesto alemán. Despois de dous descensos e ascensos (baixou en 1979 e 1983, e subiu en 1982 e 1984), debido aos problemas económicos do FC Bamberg 1988, club do cal era parte, elimina a sección de baloncesto. A raíz diso creasde unha nova asocación (a partir do nome do patrocinador): TTL Basketball Bamberg (TTL por Tapeten-Teppichboden-Land). En 1995 o club pasa a chamarse TTL uniVersa Bamber (uniVersa por uniVersa Versicherungen, unha compañía de seguros). En 1992 o Bamberg gaña o seu primeiro trofeo, a Copa de Alemaña.

Despois de novos problemas financeiros, no ano 2000 un novo patrocinador salvo ao equipo é permítelle continuar na máxima categoría do baloncesto alemán, pasando o equipo a chamarse TSK uniVersa Bamberg. Con todo, diferenzas entre o novo patrocinador e o club puxeron en risco a continuidade do mesmo en 2003. Dous anos despois, en 2005, o equipo gaña a súa primeira Bundesliga, o que lle valeu a súa participación ao ano seguinte na Euroleague Basketball, onde foi o primeiro equipo do país en chegar ao Formato|Top 16. Desde aquela o club converteuse nun dos equipos máis competitivos de Alemaña, gañando múltiples títulos tanto de Liga como de Copa.[1]

Denominacións

  • 1.FC 01 Bamberg (1955−1988)
  • TTL Bamberg (1988−1995)
  • TTL uniVersa Bamberg (1995−2000)
  • TTL uniVersa Bamberg (1995−2000)
  • TSK uniVersa Bamberg (2000−2003)
  • GHP Bamberg (2003−2006)
  • Brose Baskets (2006−2016)
  • Brose Bamberg (2016−presente)

Ano a ano

Maodo Lô.
AnoNivelLigaPos.CopaCompeticións europeas
1991–921BBLCampión
1992–931BBL
1993–941BBLSemifinais
1994–951BBL3Copa KoraćR1
1995–961BBLSemifinais3Copa KoraćR1
1996–971BBLSemifinais3Copa KoraćR1
1997–981BBL3Copa KoraćR3
1998–991BBLTerceiro lugar3Copa KoraćR1
1999–001BBL10º
2000–011BBL10º
2001–021BBL
2002–031BBL
2003–041BBL3FIBA Europe LeagueOF
2004–051BBL2ULEB CupLR
2005–061BBLSubcampión1EuroligaT16
2006–071BBL2ULEB CupLR
2007–081BBL1EuroligaLR
2008–091BBL2EurocupLR
2009–101BBLCampión2EurocupT16
2010–111BBLCampión1EuroligaLR
2011–121BBLCampión1EuroligaLR
2012–131BBLCuartos de final1EuroligaT16
2013–141BBLTerceiro lugar1EuroligaLR
2EurocupL32
2014–151BBLSubcampión2EurocupOF
2015–161BBLSemifinais1EuroligaT16
2016–171BBLCampión1Euroliga13º
2017–181BBLCuartos de final1Euroliga12º
2018–191BBLCampión3Champions League
2019–201BBLSemifinais3Champions LeagueFR
2020–211BBLFase de grupos3Champions LeaguePO

Pavillón

Artigo principal: Brose Arena.

O Brose Baskets xoga os seus encontros como local no Brose Arena. O pavillón está situado na propia cidade de Bamberg. Foi comezado a construír en 2000 e inaugurado un ano despois, en 2001. Con capacidade para 6.900 en partidos de baloncesto, alberga os encontros do equipo tanto na Basketball Bundesliga como eventualmente na Euroliga. O recinto orixinariamente tiña capacidade para 4.750 persoas mais foi remodelado e reinaugurado en outubro de 2006. Para outros eventos, como concertos, o pavillón pode albergar entre 9.000 e 10.000 espectadores.

Xogadores

Dorsais retirados

Dorsais retirados do Brose Bamberg
XogadorPosiciónEtapaData de retiro do dorsal
5John GoldsberryBase2008–20142014
23Casey JacobsenAla2006–2007, 2009–20142014

Destacados

Palmarés

  • Liga de Alemaña
    • Campións (9): 2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2017
    • Subcampións (3): 1993, 2003, 2004
  • Copa de Alemaña
    • Campións (6): 1992, 2010, 2011, 2012, 2017, 2019
    • Subcampións (2): 2006, 2015
  • Supercopa de Alemaña
    • Campións (5): 2007, 2010, 2011, 2012, 2015
    • Subcampións (1): 2013

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas