Brontosauro

xénero de dinosauros
Brontosauro
Rango fósil: Xurásico Superior

Holotipo de B. excelsus (YPM 1980) no Museo Peabody de Historia Natural.
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Sauropsida
Superorde:Dinosauria
Orde:Saurischia
Suborde:Sauropodomorpha
Infraorde:Sauropoda
Superfamilia:Diplodocoidea
Familia:Diplodocidae
Subfamilia:Apatosaurinae
Xénero:''Brontosaurus''
Marsh, 1879
Especie tipo
'Brontosaurus excelsus'
Marsh, 1879
Especies
  • Brontosaurus parvus(Peterson & Gilmore, 1902)
  • Brontosaurus yahnahpin (Filla & Redman, 1994)
Sinonimia
  • Elosaurus Peterson & Gilmore, 1902
  • Eobrontosaurus Bakker, 1998
  • Apatosaurus excelsus Riggs, 1903

Os brontosauros (en latín: Brontosaurus; en grego antigo: βροντήσαῦρος, que quere dicir "lagarto" e "trono") son un xénero de dinosauros saurópodos xigantesco e cuadrúpede. Malia que a especie tipo, B. excelsus, foi considerada durante moito tempo como unha especie do relacionado xénero Apatosaurus,[1] en 2015 os investigadores propuxeron o Brontosaurus como un xénero separado dos Apatosaurus que conta con tres especies: B. excelsus, B. yahnahpin e B. parvus.[2]

Os brontosauros tiñan un longo e delgado pescozo e unha pequena testa adaptada a un estilo de vida herbívoro; tiña un torso enorme e pesado e unha cola a xeito de látego. As diferentes especies viviron durante o Xurásico tardío na formación de Morrison no que hoxe é América do Norte, e extinguíronse a finais do Xurásico.[3] Estímase que os exemplares adultos de brontosauros roldaban as quince toneladas de peso e os 22 metros de longo.

Como saurópodo arquetípico, os brontosauros son un dos dinosauros máis coñecidos e teñen aparecido en filmes, anuncios de publicidade, selos postais e moitos outros tipos de medios de comunicación.

Notas

Véxase tamén