Brian L. Roberts

Brian L. Roberts, nado en Filadelfia o 28 de xuño de 1959, é un empresario multimillonario estadounidense, presidente e CEO de Comcast, unha empresa norteamericana que ofrece produtos e servizos de cable, entretemento e comunicacións que fundou seu pai, Ralph J. Roberts.

Infotaula de personaBrian L. Roberts

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Director executivo Comcast
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFiladelfia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónWharton School (pt) Traducir
Germantown Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Filadelfia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexecutivo , empresario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorComcast Editar o valor em Wikidata
Salario base26.400.000 $ Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado1.830 M$ (agosto de 2017) Editar o valor em Wikidata
DeporteSquash Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisRalph J. Roberts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Suzanne Fleisher Roberts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Twitter: bkroberts Instagram: blroberts22 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Roberts naceu no seu dunha familia xudía en Pensilvania, fillo de Ralph J. Roberts, o fundador de Comcast Corporation, e de Suzanne (de solteira Fleisher), unha antiga actriz e dramaturga [1]. Seu avó materno, Alfred W. Fleisher, fora un investidor inmobiliario e filántropo que apoiou a reforma penitenciaria. Roberts formouse na Germantown Academy e obtivo unha licenciatura en Ciencias na Wharton School da Universidade de Pensilvania en 1981, e inmediatamente comezou a traballar no seo da empresa familiar[2].

En febreiro de 1990 Roberts sucedeu a seu pai como presidente de Comcast Corporation[3] con 31 anos. Roberts exerceu como presidente da National Cable & Telecommunications Association (NCTA) de 1995 a 1996, coincidindo coa entrada en vigor da lei desreguladora de Telecomunicacións de 1996. Entre 2005[4] e 2007[5] foi presidente do consello de administración da NCTA.

En 2000, Roberts adquiriu AT&T Broadband por 53 200 millóns de dólares en accións e asumiu a súa débeda, ese acordo permitiulle a Comcast converterse no maior operador de cable do mund e en 2009 Comcast fíxose con NBCUniversal [6].

En 2021 Roberts ingresou polos seus cargos en Comcast 34 millóns de dólares [7] e en 2022 calculábase o seu patrimonio neto en 1,3 mil millóns de dólares [8].

Actividade deportiva

Xogador de squash, Roberts xogou durante a súa etapa universitaria na Ivy League[9] e tras a súa graduación competiu nos Xogos Macabeos en Israel, gañou co equipo dos Estados Unidos medallas de prata en 1981, 1985 e 1997, de ouro en 2005 e de novo prata en 2009 [10]. O 21 de outubro de 2012 Maccabi USA homenaxeouno como unha "Lenda dos Macabeos".

Política

Roberts foi copresidente fundador de Filadelfia 2000, o comité anfitrión non partidista da Convención Nacional Republicana de 2000. O Pennsylvania Report incluíu a Roberts na listaxa de 2003 dos persoeiros máis poderosos na política de Pensilvania, e sinalou a súa influencia co gobernador de Pensilvania, Ed Rendell[11].

Dende 2006 doou máis de 76.000 dólares a candidatos demócratas e 13.500 dólares a republicanos[12]. En decembro de 2009 escribiu unha carta ao presidente Barack Obama para darlle o seu apoio á Lei de protección do paciente e atención accesible.

Roberts está considerado próximo ao Partido Demócrata e apoiou a Hillary Clinton nas eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016 [13].

Notas