Braquiterapia

Braquiterapia (da palabra grega brachys, que significa "curta distancia"), tamén coñecida por radioterapia interna, radioterapia de fonte selada, curieterapia ou endocurieterapia, é unha forma de radioterapia na que se coloca unha fonte de radiación dentro de, ou xunto á área que necesita de tratamento. A braquiterapia é utilizada normalmente como tratamento eficaz contra o cancro do pescozo, de útero,[1] de próstata,[2] de mama[3] e da pel,[4] podendo tamén ser utilizada no tratamento de tumores en diversas outras áreas do corpo.[5] A braquiterapia pode ser utilizada independentemente ou en combinación con outras técnicas terapéuticas, como a cirurxía, radioterapia de raios externos (EBRT, External Beam Radiotherapy) e quimioterapia.

Ao contrario da EBRT, na que o tumor recibe raios x de alta enerxía a partir do exterior do corpo, a braquiterapia implica a colocación precisa de fontes de radiación directamente no lugar do tumor canceríxeno. Un dos aspectos fundamentais da braquiterapia é que a radiación afecta só unha área moi localizada xunto ás fontes de radiación. Fica así reducida a exposición de tecidos saudábeis que se encontran máis afastados das fontes de radiación. Alén diso, se o doente se move ou se houbese algún movemento do tumor dentro do corpo durante o tratamento, as fontes de radiación manteñen a posición correcta relativamente ó tumor. Estas características da braquiterapia ofrecen vantaxes sobre a EBRT - o tumor pode ser tratado con doses moi elevadas de radiación localizada, reducíndose ó mesmo tempo a probabilidade de danos innecesarios nos tecidos saudábeis máis achegados.

Notas