Brad Wanamaker

baloncestista estadounidense

Bradley Daniel Wanamaker, nado o 25 de xullo de 1989 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Brad Wanamaker
Axente libre
PosiciónBase / Escolta
Información persoal
Nacemento25 de xullo de 1989 (34 anos)
Filadelfia, Pensilvania
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial95 kg (210 lb)
Información da carreira
InstitutoRoman Catholic
(Philadelphia, Pennsylvania)
UniversidadePittsburgh (2007–2011)
NBA Draft2011 / Rolda: Sen draftear
Carreiradende 2011
Historial de equipos
Teramo Basket (2011)
Fulgor Libertas Forlì (2012)
Austin Toros (2012)
Limoges CSP (2012–2013)
Pistoia Basket (2013–2014)
Brose Baskets (2014–2016)
Darüşşafaka (2016–2017)
Fenerbahçe (2017–2018)
Boston Celtics (2018–2020)
→ Maine Red Claws (2018)
Golden State Warriors (2020–2021)
Charlotte Hornets (2021)
Indiana Pacers (2021)
Washington Wizards (2021–2022)

Traxectoria profesional

O 2 de xullo de 2018, Wanamaker asinou un contrato dun ano cos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA).[1] Fixo o seu debut na NBA o 16 de outubro de 2018, facendo dous puntos e un rebote na vitoria por 107-85 contra os Philadelphia 76ers.[2]

O 23 de novembro de 2020, Wanamaker asinou cos Golden State Warriors.[3]

O 25 de marzo de 2021, Wanamaker foi traspasado ós Charlotte Hornets xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2022, a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2025.[4]

O 6 de outubro de 2021, Wanamaker asinou cos Indiana Pacers.[5] O 27 de decembro de 2021, foi cortado polos Pacers.[6]

O 29 de decembro de 2021, Wanamaker asinou un contrato de dez días cos Washington Wizards.[7]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas