Boadicea
- Para a editorial galega véxase Boadicea Editora.
Boudica ou Boudicca (/ˈbuːdɪkə, boʊˈdɪkə/, do britónico *boudi 'vitoria, vitoria' + *-kā 'con sufixo', é dicir, 'Muller vitoriosa', coñecida nas crónicas latínas como Boadicea ou Boudicea, e en galés como Buddug[1]) foi raíña da tribo dos icenos en Britania, que liderou unha sublevación fracasada contra as forzas conquistadoras do Imperio Romano nos anos 60 ou 61 d.C. Considérase unha heroína nacional británica e un símbolo da loita pola xustiza e a independencia.
![]() "Boadicea Haranguing the Britons", pintura de John Opie | |
Nome orixinal | (ga) Boudīka (la) Voadicea ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 30 ![]() Britania |
Morte | 61 Britania |
Causa da morte | suicidio, envelenamento ![]() |
Raíña Icenos | |
![]() | |
Datos persoais | |
Cor do pelo | Rubio ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Raíña dos icenos |
Carreira militar | |
Conflito | Revolta de Boudica ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Prasutagus |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
O marido de Boudica Prasutagus, co que tivo dúas fillas, gobernou como un aliado nominalmente independente de Roma. Deixou o seu reino conxuntamente ás súas fillas e ao emperador romano no seu testamento. Cando morreu, os romanos ignoraron a súa vontade, e o reino foi anexionado e as súas propiedades tomadas. Segundo o historiador romano Tácito, Boudica foi azotada e as súas fillas violadas.[2] O historiador Cassius Dio escribiu que as doazóns imperiais anteriores a británicos influentes foron confiscadas e o financeiro e filósofo romano Séneca reclamou os préstamos que impuxera aos brítanicos reticentes.
No ano 60 ou 61, mentres o gobernador romano, Caio Suetonio Paulino, estaba liderando unha campaña na illa de Anglesey na costa noroeste de Gales, Boadicea revelou ós icenos, ós trinovantes e a outras tribos contra o imperio.[3] Destruíron Camulodunum (a moderna Colchester), antiga capital dos trinovantes, que se convertera nunha colonia romana. Os soldados romanos establecéranse e erixiron un templo ó emperador Claudio a expensas dos trinovantes. Oíndo as novas da revolta, Suetonio correu a Londinium (Londres), o foco de comercio que era o próximo obxectivo dos rebeldes. Atopouse con que non tiña soldados suficientes para defender o asentamento, polo que foi evacuado e abandonado. 100.000 homes liderados por Boadicea queimaron e destruíron Londinium e Verulamium (St Albans) e a Legio IX Hispana foi dividida en grupos.[4][5] Estímase que entre 70.000 e 80.000 romanos e bretóns morreron nesas tres cidades.[6] Suetonio, reagrupou ás súas forzas nas Midlands do Oeste e malia a desvantaxe en número, derrotou ós celtas na Batalla de Watling Street.
A crise fixo que o emperador Nerón considerase retirar tódalas forzas romanas de Britania, pero a vitoria de Suetonio sobre Boadicea asegurou o control romano na provincia. Boadicea matouse ela mesma, polo que non puido ser capturada, ou ben caeu enferma e morreu segundo se cite aTácito[7] ou a Casio Dio.[8]
A ausencia de literatura británica nativa a comezos do primeiro milenio significou que os coñecementos sobre a rebelión de Boadicea proceden exclusivamente dos escritos romanos. O interese polos eventos desta historia reviviu durante o renacemento inglés e levou a un rexurdimento da fama de Boadicea durante a época vitoriana, cando a Raíña Vitoria tomouna como o seu homónimo.[9] Boadicea ficou como un importante símbolo cultural no Reino Unido.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Os icenos no British Museum (en inglés)
- James Grout: Boudica, part of the Encyclopædia Romana
- Trying to Rule Britannia; BBC; 6 de agosto de 2004
- Os icenos en Roman-Britain.co.uk
- Os icenosen Romans in BritainArquivado 02 de novembro de 2005 en Wayback Machine.