Borja Gómez

futbolista español

Borja Gómez Pérez, coñecido habitualmente como Borja Gómez, nado en Madrid o 14 de maio de 1988, é un futbolista profesional español da canteira do Real Madrid que xoga como defensa central.

Borja Gómez
Información persoal
NomeBorja Gómez Pérez
Nacemento14 de maio de 1988 (36 anos)
Lugar de nacementoMadrid
Altura1,84 m
PosiciónDefensa central
Carreira xuvenil
2005–2007Real Madrid
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2007–2010Alcorcón86(0)
2010–2011Rayo Vallecano11(0)
2011–2012Karpaty Lviv10(0)
2012Granada (ces.)19(0)
2012Granada12(0)
2013–2014Hércules (ces.)10(0)
2014–2015Lugo (ces.)30(2)
2015–2016Oviedo15(0)
2017Murcia9(0)
2017–2018Logroñés5(0)
2018S.S. Reyes13(0)
2018–2020East Bengal19(1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de xaneiro de 2020.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nado en Madrid, formou parte das categorías inferiores do Real Madrid, aínda que non conseguiu chegar ao primeiro equipo. Posteriormente asina coa Unión Deportiva Alcorcón, con quen consegue o ascenso a Segunda División en 2010, sendo titular con tan só 21 anos. Ao ano seguinte asinaría con outro equipo da Comunidade de Madrid, o Rayo Vallecano, que a final de tempada que tamén conseguiría o ascenso, esta vez a Primeira División. Con todo, Borja Gómez non viviría o ascenso en primeira persoa, xa que despois de xogar 11 partidos no equipo de Vallecas, o 2 de marzo de 2011 asina un contrato de 3 anos co Football Club Karpaty Lviv da Premier Liha ucraína.[1] Ao ano seguinte sería cedido ao Granada Club de Fútbol da Primeira División, onde xogaría 31 partidos como títular, o que fai que o club andaluz se faga cos seus servizos. Na tempada 2013-14 é cedido ao Hércules Club de Fútbol, onde debido ás lesións non goza de moitos minutos. O 21 de agosto de 2014 o Club Deportivo Lugo da Segunda División anuncia que xogará cedido nas súas filas cedido polo club granadino.

Clubs

AnoClubDivisiónPartidosGoles
2007-2008AD AlcorcónSegunda B210
2008-2009AD AlcorcónSegunda B340
2009-2010AD AlcorcónSegunda B310
2010-2011Rayo VallecanoSegunda110
2011-2012Karpaty LvivPremier Liha100
2012Granada CFPrimeira190
2012-2013Granada CFPrimeira120
2013-2014Hércules CFSegunda100
2014-2015CD LugoSegunda302

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas