Billy Milligan

director de cinema estadounidense

William Stanley Milligan, nado en Miami Beach o 14 de febreiro de 1955 e finado en Columbus o 12 de decembro de 2014, foi un criminal norteamericano diagnosticado con desorde de personalidade múltiple, e de relevante importancia na historia xudicial estadounidense xa que se absolveu ao estar afectado por unha patoloxía mental que non o facía responsable das accións cometidas, malia ser recoñecido como autor dos delitos cometidos. Coa sentenza recoñeceuse a desorde de personalidade múltipe[1] como unha verdadeira patoloxía e non unha neurose como ata daquela.

Infotaula de personaBilly Milligan
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1955 Editar o valor em Wikidata
Miami Beach, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 2014 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Columbus, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaComunismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCrime Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Súa nai, Dorothy Milligan medrou nunha granxa de Ohio e vivía en Lancaster co seu primeiro home ata que se divorciaron e ela marchou á área de Miami, gañando a vida como cantante e foi vivir con Johnny Morrison, on quen tivo a Billy e outros dous fillos, Jim en outubro de 1953 e Kathy Jo en decembro de 1956.Johnny tiña problemas co xogo e a bebida e acabou suicidándose o 17 de xaneiro de 1959 [2]. Dorothy volveu a Lancaster cos seus fillos e volveu casar co seu marido anterior, o matrimonio durou un ano, e logo en 1963 casou con Chalmer Milligan, ao que despois Billy acusou de abusos[3]. Pasou un tempo ingresado na unidade de psiquiatría dun hospital e con 17 anos entrou na Armada pero logo dun mes o exército dispensouno do servizo[4].

Arresto

Milligan entrou en prisión en 1975 en Ohio acusado de violación e atraco á man armada e saíu en 1977 tras concederlle a liberdade condicional e rexistrarse como delincuente sexual. De novo en outubro de 1977 a policía detívoo por violar tres mulleres no campus da Universidade Estatal de Ohio.

A defensa pediu unha avaliación psicolóxica, o doutor Willis C. Driscoll diagnosticouno con esquizofrenia aguda, e a psicóloga Dorothy Turner afirmou que sufría unha desorde de personalidade múltiple. A defensa alegou alienación mental, o que o tribunal lle concedeu, ata recobrar a cordura.

Encarceramento

Milligan pasou os anos senguintes en hospitais psiquiátricos públicos, constatándose dez personalidades. Máis tarde o psiquiatra David Caul diagnosticou outras catorce personalidades.

Liberdade

En 1988 saíu en liberdade e o 1 de agosto de 1991 os tribunais de Ohio declarárono cordo sen precisar da supervisión psiquiátrica e a partir de 1996 viviu en California.

Notas