Big Bend, Florida

Big Bend é unha división rexional informal do Estado de Florida, nos Estados Unidos, de tipoloxía vernácula, sen límites oficiais rexistrados. Xeralmente inclúe os condados de Florida Panhandle ao leste do río Apalachiloca. A Costa do Big Bend é a costa pantanosa e sen barreira de illas que se estende ao longo da costa floridana do golfo de México desde o río Ocklockonee ao Caio Anclote.

A zona do Big Bend de Florida en azul e a rexión do Big Bend en vermello.

As ONG que se autodefinen como establecidas no Big Bend a miúdo inclúen os condados de Franklin, Gadsden, Jefferson, Leon, Liberty, Madison, Taylor e Wakulla dentro das súas áreas de traballo[1][2][3]. A principal cidade da rexión é Tallahassee.

A Costa do Big Bend é a costa pantanosa que se estende sobre uns 350 quilómetros desde a desembocadura do río Ocklockonee ao redor da Baía de Apalache e descende a costa oeste da península de Florida ata o Caio Anclote. Este tramo de costa inclúe as costas dos condados de Wakulla, Jefferson, Taylor, Dixie, Levy, Citrus, Hernando e Pasco. A Costa do Big Bend é unha rexión cárstica mergullada, cuberta dunha marisma salina. Inclúe mananciais de auga fresca, arrecifes de ostras e o delta do Río Suwannee. Hai illas de barreira ao oeste do río Oklockonee e ao sur comezando co Caio Anclote, aínda que non hai illas de barreira entre os devanditos puntos. A Costa do Big Bend contén pouco ou nada de area ou barro. A topografía cárstica produciu unha superficie irregular, frecuentemente exposta e cun substrato rochoso. Debido á anchura da plataforma continental adxacente (máis de 150 quilómetros), o baixo gradiente de inclinación da costa (1:5000) e ao feito de ficar ao abrigo dos ventos predominantes das tormentas, a Costa do Big Bend está xeralmente pouco exposta á enerxía das ondas. A costa sofre, iso si, o efecto das mareas de tempestades[4][5][6][7].

Notas