Bernd Kluge

numismático alemán


Bernd Kluge, nado o 18 de xuño de 1949 en Cottbus, Brandeburgo, é un numismático alemán especializado na moeda medieval.[1]

Infotaula de personaBernd Kluge

Bernd Kluge en 2017
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1949
Cottbus, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
Educación Universidade Humboldt de Berlín.
Coñecido porEstudos de numismática medieval.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónfilólogo , profesor universitario , numismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
- (2002): Premio da SHMI.
- (2009): Medalla Huntington (ANS).
- (2013): Medalla Eckhel (ÖNG).
- (2015): Medalla da RNS.

Traxectoria

Bernd Kluge estudou Historia Medieval na Universidade Humboldt de Berlín.[1]

Desde de 1972 exerceu o seu labor no Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín, sito no Museo Bode, primeiramente como colaborador científico, a partir de 1982 como conservador, desde 1988 en condición de vicedirector, e entre 1992 e 2014 como director da institución.[2] Durante a súa dirección, o Münkabinett organizou en Berlín, en setembro de 1997, o XII Congreso Internacional de Numismática, do Consello Internacional de Numismática.[1][3]

Ademais, Bernd Kluge foi profesor de Numismática medieval na Universitdade Humboldt de Berlín.[4]

Kluge xubilouse en outubro de 2014.[1]

Entre os anos 1993 e 1999 foi membro da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[1][4]

Recoñecementos

Publicacións

Esta é unha escolma das monografías máis salientables publicadas ao longo da traxectoria académica de Bernd Kluge:[10][11]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos