Bentinho

futbolista brasileiro

Antônio Bento dos Santos, máis coñecido como Bentinho, nado en Montes Claros, Minas Xerais, o 18 de decembro de 1971, é un exfutbolista brasileiro. É irmán do tamén exfutbolista Bento.[1]

Bentinho
Información persoal
NomeAntônio Bento dos Santos
Nacemento18 de decembro de 1971
Lugar de nacementoMontes Claros
Altura1,82 m.
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
Portuguesa
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1988–1993Portuguesa99(52)
1992 São José12(3)
1994Al Hilal
1994Verdy Kawasaki20(15)
1995São Paulo31(21)
1995Kashiwa Reysol16(12)
1996–1997Botafogo64(42)
1998Cruzeiro25(6)
1998–1999Kashiwa Reysol44(25)
2000Portuguesa10(16)
2000Atlético Paranaense4(0)
2001Portuguesa0(0)
2001Oita Trinita21(16)
2002Kawasaki Frontale37(20)
2003–2004Avispa Fukuoka64(26)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol no Portuguesa, club no que tamén militaba o seu irmán máis vello, Bento. Foi compañeiro de Dener nas categorías inferiores, ata que subiu ao primeiro equipo en 1988. Xogou ata 1993 co equipo paulista (exceptuando unha breve cesión ao São José), marcando 62 goles nesa primeira etapa.[2]

Nos seguintes anos alternou clubs asiáticos como o Al Hilal saudita ou o Tokyo Verdy e o Kashiwa Reysol xaponeses, con clubs brasileiros como o São Paulo, o Botafogo, o Cruzeiro e o Atlético Paranaense, ademais de pasar dúas veces máis polo Portuguesa. En 1995, militando no São Paulo, foi o máximo goleador do Campionato Paulista, empatado a 20 goles con Paulinho McLaren, do Portuguesa. En 1997 gañou con Botafogo o único título da súa carreira, o Campionato Carioca, despois de derrotar na final ao Vasco da Gama. Puxo fin á súa carreira en 2004, nas filas do Avispa Fukuoka do Xapón.[3]

Palmarés

Botafogo
Individual

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas