Benjamin Constant, Brasil
Benjamin Constant é un municipio brasileiro do estado do Amazonas. Segundo o Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística a súa poboación estimada no ano 2014 era de 38 533 habitantes.[1] O municipio forma parte da microrrexión do Alto Solimões.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Estado do Amazonas | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 37.648 (2022) (4,28 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 8.793,417 km² | ||||
Comparte fronteira con | Tabatinga (pt) Ipixuna (pt) Jutaí (pt) Eirunepé (pt) Atalaia do Norte (pt) São Paulo de Olivença (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 97 | ||||
Código de concello do Brasil | 1300607 | ||||
Páxina web | benjaminconstant.am.gov.br |
Orixe e nome
A poboación orixinal da área son os ticunas e na cidade o Museo Magüta está dedicado á súa lingua e cultura. Os xesuítas estableceran un asentamento estable de ticunas, denominado Javari, contra o ano 1750 e alí os portugueses instalaron un destacamento militar e un rexistro fiscal e desprazaron en 1766 para un lugar próximo que ofrecía mellores condicións, chamado Tabatinga. Entre 1880 e 1890 fundáronse varias poboacións como Esperança e Remate de Males e en 1898 creouse o municipio de Benjamin Constant, recibindo o seu nome en homenaxe ao militar brasileiro Benjamin Constant Botelho de Magalhães, un dos iniciadores do movemento do 15 de novembro de 1889 que proclamou a República no Brasil. O municipoi incorpourse en 1901 ao de São Paulo de Olivença restaurándose en 1904 malia que de novo entre 1930 e 1931[2]
Xeografía
Localización
Sitúase no suroeste amazonense, distante de Manaus 1118 km en liña recta e 1638 vía transporte fluvial, subindo o ríio Solimões e o río Javari.
Clima
O seu clima é tropical chuvioso e húmido. Segundo datos do Instituto Nacional de Meteoroloxía (INMET), a menor temperatura rexistrada en Benjamin Constant foi de 9,9 °C, o 18 de xullo de 1975,[3] e a maior de 40 °C, o 1 de outubro de 2005.[4] A maior precipitación rexistrada en 24 horas foi de 168 milímetros, o 7 de xaneiro de 2007.[5] Nun mess, o maior volume de chuvia observado foi de 641,4 milímetros en xaneiro de 1967.[6]