Belga (moeda)
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Belga (moeda) † | |
---|---|
Belga | |
Ámbito: | Bélxica Luxemburgo |
Fracción: | 5 francos belgas |
Moedas: | 1, 2 e 4 belgas. |
Billetes: | 1, 2, 10, 20, 100, 200, 2.000 belgas. |
Emisor: | Banco Nacional de Bélxica |
Oficial de 1926 a 1946 |
O belga foi unha unidade monetaria de Bélxica, vixente entre 1926 e 1946, coa equivalencia de cinco francos belgas.[1][2][3][4]
A finais de 1925, Bélxica abandonou a Unión Monetaria Latina, que ata daquela a unira a Francia, Suíza, Italia e Grecia, como consecuencia da constante desvalorización das súas moedas. Co fin de estabilizar o franco belga, o ministro Émile Francqui puxo en marcha un programa cuxa primeira medida consistiu na creación do belga, co valor de cinco francos, mediante o decreto do 25 de outubro de 1926.[5] Esta nova unidade debería substituír o franco belga no mercado de cambio internacional. Tales medidas pretendían tomar distancia en relación ao franco francés, daquela nunha situación moi inestable.[1][2][3]
Os billetes de banco e de tesouraría mantiveron a dobre denominación (en francos e en belgas) desde 1927 ata a fin da segunda guerra mundial. Entre 1930 e 1934 cuñáronse tres valores en moeda metálica, tamén coa dobre denominación.[1][2][3]
Porén, a realidade foi que nin a poboación belga nin os mercados asumiron a nova moeda, que finalmente foi derrogada mediante un decreto do 8 de xaneiro de 1946.[1][2][3]