Belén Constenla

actriz galega

Belén Martínez Constenla, nada en Madrid o 6 de xaneiro de 1961, é unha actriz galega.

Infotaula de personaBelén Constenla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1141090 BNE: XX5151080 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Actriz de teatro, desde o ano 1986 actuou coas compañías Teatro Caritel, Centro Dramático Galego (1989-2001), Teatro do Noroeste, Espello Cóncavo, Ur Teatro, Ollomoltranvía, Teatro do Aquí, Teatro do Morcego, Teatro do Atlántico e Lagarta, Lagarta.

Na TVG colaborou en programas como Magazine Crocante (1991), Luar (1996), Supermartes (1997-1998), Telequexou (2001-2002) e como actriz secundaria en Pratos combinados (1998-1999) e protagonista en Rías Baixas (2000-2003) e A vida por diante (2006-2007), o seu último proxecto televisivo en Galicia ata o momento. Posteriormente, en 2008, colabora nas series de TVE El caso Waninkhof e Guante blanco, dirixida polo responsable d' A vida por diante, o galego Carlos Sedes.

Tamén participou en varias películas e colaborou con papeis episódicos nas series El Comisario e Hospital Central, ambas as dúas de Telecinco.

Filmes

Teatro

  • Terceiro Acto dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, 2021.
  • Voaxa e Carmín de Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira, 2016.
  • Unha hora na vida de Stefan Zweig, de Antonio Tabarés, dirixida por Rosa Álvarez, 2011.
  • Cásting (a comedia), de Roger Justafré. Lagarta, Lagarta, 2010 (como Madga).
  • O segredo dos Hoffman de Alejandro Palomas, dirixida por Rosa Álvarez, 2009.
  • Unha primavera para Aldara de Teresa Moure ,dirixida por Xulio Lago para Teatro do Atlántico, 2008.
  • Carambola de José Prieto, dirixida por Lino Braxe, 2006.
  • Fobias de José Prieto, dirixida por Lino Braxe, 2004.
  • Os vellos non deben de namorarse de Castelao, dirixida por Celso Parada para Teatro do Morcego 2002.
  • O país acuático, de Eduardo Alonso, para Teatro do Noroeste, 2002.
  • A cacatúa verde de Schnitzler. Dirixida por Eduardo Alonso, para o Centro Dramático Galego, 2001.
  • A Celestina de Fernando de Rojas; Teatro do Noroeste, 2000.
  • Criaturas de Roberto Vidal Bolaño para Teatro do Aquí, 2000.
  • Trabajos de amor perdidos de William Shakespeare. Dirixida por Helena Pimenta para UR Teatro, 1999.
  • Las galas del difunto" e El embrujado para o CDG, 1998.
  • Bailando en verano de Brian Friel, dirixida por Arturo López para Espello Cóncavo, 1997.
  • Un soño de verán de Shakespeare, para o CDG.
  • As vodas de Fígaro de Pierre-Augustin de Beaumarchais, dirixida por Eduardo Alonso para Teatro do Noroeste, 1994.
  • O incerto señor Don Hamlet de Álvaro Cunqueiro, dirixida por Ricard Salvat para o CDG, 1991.
  • O rei Lear de Shakespeare para Teatro do Noroeste, 1990.

Galardóns e nomeamentos

AnoCategoríaTítuloResultado
2002Mellor actrizRías BaixasNomeada
2006Mellor actrizA vida por dianteNomeada
2007Mellor actrizA vida por dianteNomeada
2008Mellor actriz secundariaOs mortos van á présaGañadora
  • 2008: Mellor actriz Festival de Curtas de Sada por "Rosa dos Ventos"
  • 1997: Nomeada á Mellor actriz secundaria por Bailando en verán.
  • 1998: Mellor actriz por Unha rosa é unha rosa.
  • 1999: Nomeada á Mellor actriz secundaria por El embrujado.
  • 2000: Mellor actriz secundaria por Criaturas.
  • 2005: Nomeada á Mellor actriz por Fobias.
  • 2010: Mellor actriz por O Segredo dos Hoffman.
  • 2017: Nomeada á Mellor actriz por Voaxa e Carmín.

Véxase tamén

Ligazóns externas