Beckett (cráter)

Beckett é un cráter do planeta Mercurio, que foi descuberto en xaneiro de 2008, durante o primeiro sobrevoo do planeta feito pola sonda MESSENGER.[3] A particularidade que fai especial a este cráter é que o seu chan non é liso e exhibe unha gran fosa con forma de arco ou dun auricular de teléfono, a cal é tamén chamada fosa central. O tamaño desta depresión é de 35 × 7,5 km.[2] Esta característica xeolóxica podería se-lo resultado do colapso dunha cámara de magma subxacente á parte central do cráter.[2] Este fenómeno é moi semellante ás caldeiras volcánicas da Terra, cando estas se colapsan.[4]

Beckett
Foto do cráter Beckett tomada pola sonda MESSENGER.
Tipo de accidente xeolóxicoCráter
Accidente xeolóxico deMercurio
Diámetro60,24 km km[1]
55 km[2]
Coordenadas40,16° S 248,67° O[1]
Procedencia do nomeClarice Beckett, pintora australiana.[1]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas