Batman Ninja
Batman Ninja (ニンジャバットマン Ninja Battoman?) é un filme de animación xaponés-estadounidense de 2018 dirixido por Junpei Mizusaki e producido por Warner Bros. e Kamikaze Douga, cuxo protagonista é o personaxe de DC Comics Batman. Takashi Okazaki, o creador de Afro Samurai, é o deseñador de personaxes do filme. O primeiro póster promocional foi revelado o 5 de outubro de 2017, e os tráilers foron estreados o 1 de decembro de 2017.[2] O filme estreouse nos Estados Unidos en formato dixital o 24 de abril de 2018; foi estreado en formato físico o 8 de maio e nos cinemas do Xapón o 15 de xuño dese mesmo ano.[3][4] Na estrea estadounidense, os guionistas Leo Chu e Eric Garcia admitiron que reescribiron o guión a partir do orixinal en xaponés escrito por Kazuki Nakashima, creando dúas versións diferentes do mesmo filme.[5]
Batman Ninja | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ニンジャバットマン |
Director | Junpei Mizusaki |
Produtor | Tetsuro Satomi Leo S. Chu Eric Garcia |
Guión | Kazuki Nakashima |
Baseado en | Batman de Bob Kane e Bill Finger |
Intérpretes | Kōichi Yamadera Wataru Takagi Ai Kakuma Rie Kugimiya Hōchū Ōtsuka |
Música | Yugo Kanno |
Estudio | Warner Bros. Animation DC Entertainment Kamikaze Douga Yamatoworks Barnum Studio |
Distribuidora | Warner Bros. Home Entertainment |
Estrea | 24 de abril de 2018 15 de xuño de 2018 |
Duración | 85 minutos[1] |
Orixe | Xapón Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Na rede | |
http://wwws.warnerbros.co.jp/batman-ninja/ | |
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Batman Ninja na IMDb (en inglés).