Batalla do Trent

A Batalla do Trent foi unha batalla loitada nun lugar sen especificar preto do río Trent dentro do Reino de Lindsey (hoxe parte de Inglaterra), en 679. A batalla enfrontou ao exército northumbriano de Ecgfrith e ao merciano de Æthelred[1][2]. Venceu Mercia, pondo fin ao dominio northumbrio da zona. Lindsey pasou a formar parte de Mercia até a invasión viquinga do século IX.

Beda indica que Ælfwine de Deira, morreu na batalla, e que isto case leva a un maior enfrontamento entre ambos os reis, precisándose da mediación de Teodoro, Arcebispo de Canterbury.[3]

No seu relato da batalla, Beda relata a historia dun nobre northumbrio chamado Imm ou Imma, que puido ser o fundador de Immingham. Imma foi capturado polos mercianos e vendido como escravo a un mercador frisio que, ao descubrilo o entregou aos reis de Kent.

Referencias