Base Vandenberg da Forza Aérea
A Base Vandenberg da Forza Aérea está situada á beira do Pacífico, na costa central de California, a uns 240 km ao noroeste dos Ánxeles, no Condado de Santa Bárbara.[1] Úsase para lanzamentos espaciais e para probas de mísiles desde 1958.
Nomeado en referencia a | Philip St. George Cooke (en) ![]() ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||
Estado federado | California | ||||||||||||||||||||
Condado | Condado de Santa Bárbara, California ![]() | ||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||
Poboación | 3.559 (2020) ![]() | ||||||||||||||||||||
Número de fogares | 1.072 (2019) ![]() | ||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||
Parte de | |||||||||||||||||||||
Superficie | 57,293654 km² ![]() | ||||||||||||||||||||
Auga | 0,3936 % (2019) ![]() | ||||||||||||||||||||
Altitude | 112 m ![]() | ||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||
Páxina web | vandenberg.spaceforce.mil ![]() | ||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Historia
En 1941 o exércido dos Estados Unidos comprou uns terreos que serían a orixe da base actual e que serían coñecidos como Camp Coooke. Recibiu o seu nome definitivo o 4 de outubro de 1958 en honor ao xeneral General Hoyt S. Vandenberg.O primeiro lanzamento dun mísil (un PGM-17 Thor) desde a base tivo lugar o 16 de decembro de 1958, e dous meses máis tarde, o 28 de febreiro de 1959, engalou o primeiro lanzamento espacial cun Thor/Agena levando a bordo o Discoverer I. O primeiro Atlas engalou desde a base o 9 de setembro de 1959 e máis tarde o primeiro Titan. En anos sucesivos diferente mísiles e foguetes espaciais foron sendo postos en servizo. Os proxectos máis ambiciosos proxectados para a base Vandenberg foron o proxecto MOL e o programa do transbordador espacial. O primeiro consistía nunha estación espacial militar tripulada que finalmente foi cancelada en 1969. En canto ao programa do transbordador, adaptouse unha das zonas de lanzamento (SLC-6) para ser usada polos transbordadores e que nunca chegou a entrar en servizo, sendo cancelada oficialmente en 1989. Esa mesma zona é usada agora polo Delta IV.
En 1995 creouse en Vandeberg o Espazoporto California, operado pola empresa Spaceport Systems International, e que fai uso das infraestruturas xa existentes na base para uso por parte de empresas comerciais.[2]