Bandırma B.İ.K.

O Bandırma Basketbol İhtisas Kulübü foi un club profesional de baloncesto turco con sede na cidade de Bandırma. Ao finalizar a temporada 2019−20 o club anunciou a renuncia á súa praza na Basketbol Süper Ligi, máxima categoría do baloncesto turco, debido a problemas financeiros. O seu maior éxito foi o título de Copa obtido no ano 2017.

Teksüt Bandırma
Información xeral
LigaBSL / BCL
Fundación1994
Desaparición2020
HistoriaBanvit (1994–2019)
Cores               Laranxa, verde, branco
Presidente Özkan Kılıç
AdestradorEslovenia Sašo Filipovskik
PatrocinadorBanvit
Localización
Cidade Bandırma, Turquía
PavillónKara Ali Acar Sport Hall
Capacidade3 000
Inauguración2001
Campionatos
Copa1 (2017)
bandirmabk.com

Historia

O club fundouse en 1994 polos traballadores da empresa cárnica Banvit, e até o ano 2001 xogou en competicións rexionais. Ao ano seguinte xogou na TBL2, a segunda competición do país, acabando no cuarto lugar do gurupo B. En 2004 alcanzan a primeira posición, ascendendo á TBL1.

Desde entón mantivéronse na máxima competición turca, xogando competicións europeas, conseguindo o seu maior logro en 2005, cando se clasificaron para a Final Four da FIBA Eurocup, perdendo en senifinales contra o que finalmente sería o campión, o CSU Asesoft Ploiesti de Romanía. O 1 de xuño de 2019, o Banvit cambiou o nome do equipo a Bandırma B.İ.K.[1] Ao finalizar a temporada 2019−20, o 21 de agosto, o club anunciou a renuncia á súa praza na Basketbol Süper Ligi debido a problemas financeiros.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas