Baixa Franconia

A Baixa Franconia (en alemán Unterfranken) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.[1]

Modelo:Xeografía políticaBaixa Franconia
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°01′28″N 9°55′55″L / 50.02447, 9.93199°55′55″L / 50.02447, 9.9319
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera Editar o valor em Wikidata
CapitalWürzburg Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.298.849 (2014) Editar o valor em Wikidata (152,25 hab./km²)
Xeografía
Superficie8.530,99 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude289 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoDammersfeldkuppe (en) Traducir (927,9 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoEugen Ehmann (en) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Código NUTSDE26 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña096 Editar o valor em Wikidata

Páxina webunterfranken.de Editar o valor em Wikidata
En amarelo máis escuro, as tres rexións en que se divide Franconia: Alta, Media e Baixa
Fronteiras anteriores á reforma.
Vita aérea de Würzburg
Ponte sobre o río Main en Würzburg
Würzburg
Aschaffenburg, Johannisburg

A súa capital administrativa é a cidade de Würzburg.[2]

A Baixa Franconia encóntrase ao noroeste do estado federado e limita ao sur con Baden-Württemberg, ao oeste con Hesse, ao leste coa Franconia Media e ao norte con Turinxia e a Alta Franconia.

As augas do río Main atravesan a Baixa Franconia, polo que a rexión recibe en ocasións o nome de Mainfranken (Franconia del Main).

Foi parte da rexión histórica de Franconia, xunto coa Franconia Media e a Alta Franconia, todas elas hoxe partes do Land de Baviera.

División administrativa

A rexión da Baixa Franconia está dividida en tres cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e nove distritos rurais (Landkreise):

Cidades-distrito

  1. Aschaffenburg
  2. Schweinfurt
  3. Würzburg

Distritos rurales

  1. Distrito de Aschaffenburg
  2. Distrito de Bad Kissingen
  3. Distrito de Haßberge
  4. Distrito de Kitzingen
  5. Distrito de Main-Spessart
  6. Distrito de Miltenberg
  7. Distrito de Rhön-Grabfeld
  8. Distrito de Schweinfurt
  9. Distrito de Würzburg

División administrativa antes da reforma dos distritos

Desde finais da segunda guerra mundial até 1972 a organización territorial da rexión foi a seguinte:

Cidades-distrito

Distritos rurais

  • Landkreis Alzenau
  • Landkreis Aschaffenburg
  • Landkreis Bad Brückenau
  • Landkreis Bad Kissingen
  • Landkreis Bad Neustadt an der Saale
  • Landkreis Ebern
  • Landkreis Gemünden
  • Landkreis Gerolzhofen
  • Landkreis Hammelburg
  • Landkreis Haßfurt
  • Landkreis Hofheim
  • Landkreis Karlstadt
  • Landkreis Kitzingen
  • Landkreis Königshofen im Grabfeld
  • Landkreis Lohr
  • Landkreis Marktheidenfeld
  • Landkreis Mellrichstadt
  • Landkreis Miltenberg
  • Landkreis Obernburg
  • Landkreis Ochsenfurt
  • Landkreis Schweinfurt
  • Landkreis Würzburg

Superficie e poboación das cidades e distritos

Cidade ou DistritoPoboación (2013)Superficie (km2)Comuniades
Aschaffenburg67 7485,22 %620,7%10,3%
Schweinfurt51 9184,00 %360,4 %10,3 %
Würzburg124 1549,57 %881,0 %10,3 %
Aschaffenburg (distrito)172 52113,30 %6998,2 %3210,4 %
Bad Kissingen (distrito)103 0037,94 %1 13713,3 %268,4 %
Haßberge (distrito)84 1366,49 %95611,2 %268,4 %
Kitzingen (distrito)88 0256,79 %6848,0 %3110,1 %
Main-Spessart126 4589,75 %1 32215,5 %4013,0%
Miltenberg (distrito)127 9809,87 %7168,4 %3210,4 %
Rhön-Grabfeld80 0656,17 %1 02212,0 %3712,0 %
Schweinfurt (distrito)112 9168,71 %8429,9 %299,4 %
Würzburg (distrito)158 13212,19 %96811,3 %5216,9 %
Total1 297 056100,0 %8 531100,0 %308100,0 %
Evolución da poboación
1910710 943
1939844 732
19501 038 930
19611 089 983
19701 181 309
19871 202 711
20021 344 300
20051 341 481
20101 318 695
20151 306 048
20191 317 619

Historia

Despois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), chsamados Kreise (singular Kreis) en Baviera. Estas foron creados segundo o modelo dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.

Nos anos seguientes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse a 8. Un deles foi o Rezatkreis (distrito de Rezat). En 1837, o rei Lois I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome de Untermainkreis cambiou a 'Baixa Franconia e Aschaffenburg, pero o nome da cidade pronto decaeu, deixando o nom só en Baixa Franconia.

Cambio de nome na época nazi

Desde 1933, o Gauleiter nazi rexional,[3] Otto Hellmuth (que rebautizara seu territorio como Gau Mainfranken, insistiu en cambiar o nome do distrito gobernamental como Mainfranken. Encontrou resistencia nas autoridades estatais de Baviera, pero finalmente logrou que se cambiara o nome do distrito a partir do 1 de xunño de 1933.[4] Despois de 1945 o nome Unterfranken foi restaurado.

Economía

O produto interior bruto (PIB) da rexión foi de 53 700 millóns de euros en 2018, o que supuxo o 1,6 % da produción económica alemá. O PIB per cápita axustado ao poder adquisitivo foi de 37 500 €, o 124 % da media da UE-27 no mesmo ano. O PIB por empregado foi do 102 % da media da UE.[5]

Principais lugares de interese

Xunto ás antigas residencias episcopais de Würzburg (con Veitshöchheim) e Aschaffenburg, as cidades de Miltenberg, Amorbach e Werneck, as atraccións escénicas do río Main, incluíndo o Mainschleife en Volkach e as cordilleiras baixas do Rhön coa cidade balneario Bad Kissingen e o Spessart co castelo de Mespelbrunn son as principais atraccións turísticas da Baixa Franconia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Georg Dehio (1999): Bayern I: Franken. 2. Aufl. Múnic: Deutscher Kunstverlag. ISBN 978-3-4220-3051-0.
  • Georg Stolz, Michael Jeiter1 (1989: Franken: Die Region 7. Múnic (= Ein DKV-Bildhandbuch). ISBN 3-4220-3012-3.
  • Ralf Nestmeyer (2007): Franken. Ein Reisehandbuch. Michael-Müller-Verlag, Erlangen, 4. Auflage, ISBN 978-3-8995-3278-4.

Outros artigos

Ligazóns externas