Baisers volés

filme de 1968 dirixido por François Truffaut

Baisers volés é un filme francés de 1968 dirixido por François Truffaut e protagonizado por Jean-Pierre Léaud e Claude Jade. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 41ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.[3]

Baisers volés
Ficha técnica
Título orixinalBaisers volés
DirectorFrançois Truffaut
ProdutorFrançois Truffaut
Marcel Berbert
GuiónFrançois Truffaut
Claude de Givray
Bernard Revon
IntérpretesJean-Pierre Léaud
Claude Jade
Delphine Seyrig
MúsicaAntoine Duhamel
Canción: Que reste-t-il de nos amours? de Charles Trenet
FotografíaDenys Clerval
MontaxeAgnès Guillemot
EstudioLes Films du Carrosse
DistribuidoraUnited Artists
EstreaAviñón: 14 de agosto de 1968
Duración91 minutos
Orixe Francia
XéneroComedia e drama
Orzamento350 000 dólares[1]
Recadación1,5 millóns de dólares[1]
1 156 101 entradas (Francia)[2]
Na rede
IMDB: tt0062695 Filmaffinity: 579935 Allocine: 1182 Rottentomatoes: m/stolen_kisses Allmovie: v46947 TCM: 91453 Netlix: 1001511Editar o valor em Wikidata

Sinopse

A historia comeza cando Antoine Doinel, quen de pequeno fuxira do seu fogar como se describe en Les Quatre Cents Coups, é licenciado do servizo militar e reencóntrase coa súa amiga Christine. Agora na vida civil, Antoine busca un traballo para sobrevivir, comezando polo de vixilante nocturno, mais por infortunadas situacións e pola súa ineptitude e mal sorte acaba sendo despedido. Consegue entón un traballo como detective privado e deste xeito acaba infiltrado nunha tenda de zapatos como vendedor, a petición do dono da tenda, quen quere saber por que as persoas que o rodean o detestan. Antoine termina seducido pola esposa do dono, con quen ten unha aventura.

Personaxes

  • Jean-Pierre Léaud como Antoine Doinel
  • Claude Jade como Christine Darbon
  • Daniel Ceccaldi como pai de Christine
  • Claire Duhamel como nai de Christine
  • Delphine Seyrig como Fabienne Tabard
  • Michael Lonsdale como Georges Tabard
  • Harry-Max como Monsieur Henri
  • André Falcon como Monsieur Blady
  • Catherine Lutz como Catherine
  • Martine Ferrière como Gérante
  • Jacques Rispal como Monsieur Colin
  • Serge Rousseau como o home descoñecido

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas