Axel Toupane

baloncestista francés

Axel Toupane, nado o 23 de xullo de 1992 en Mulhouse, é un xogador profesional francés de baloncesto que xoga no Metropolitans 92 da LNB Pro A. Con 2,01 metros de estatura xoga nas posicións de escolta e ala.

Axel Toupane
Metropolitans 92
Información persoal
Nacemento23 de xullo de 1992 (31 anos)
Francia Mulhouse
Nacionalidade Francia
Altura2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial95 kg (210 lb)
PosiciónEscolta / Ala
Información da carreira
NBA Draft2014 / Elección: Sen draftear
Carreiradende 2011
Historial de equipos
Strasbourg IG (2011–2015)
Raptors 905 (2015–2016)
Denver Nuggets (2016)
Raptors 905 (2016–2017)
Milwaukee Bucks (2017)
New Orleans Pelicans (2017)
Žalgiris (2017–2018)
Olympiacos (2018–2019)
Málaga (2019–2020)
Strasbourg IG (2020)
Santa Cruz Warriors (2021)
Milwaukee Bucks (2021)
Santa Cruz Warriors (2021)
Paris Basketball (2022–2023)
Metropolitans 92 (2023–presente)

Traxectoria profesional

O 3 de marzo de 2016, Toupane asinou un contrato de dez días cos Denver Nuggets tras acadar 14.6 puntos, 5.6 rebotes, 3.6 asistencias e un roubo por encontro en 32 partidos xogados na NBA G League.[1] O día seguinte debutou na NBA na derrota dos Nuggets por 121–120 contra os Brooklyn Nets, facendo un rebote en cinco minutos de xogo.[2] O 14 de marzo de 2016, asinou un segundo contrato de dez días cos Nuggets,[3] e o 25 de marzo de 2016 asinou un contrato por varios anos cos Nuggets.[4] O 15 de outubro de 2016, Toupane foi cortado polos Nuggets.[5]

O 25 de febreiro de 2017, Toupane asinou un contrato de dez días cos Milwaukee Bucks.[6] O 4 de marzo de 2017, foi cortado polos Bucks.[7]

O 10 de abril de 2017, Toupane asinou cos New Orleans Pelicans para o remate da tempada 2016-17.[8] O 25 de xullo de 2017, foi cortado polos Pelicans.[9]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas