Premiership Rugby

(Redirección desde «Aviva Premiership»)

A Premiership Rugby, oficialmente coñecida por motivos de patrocinio como Gallagher Premiership,[1] é unha competición profesional de rugby de Inglaterra. Na actualidade conta con trece equipos e é a máxima categoría do rugby inglés. Os participantes clasifícanse para as dúas competicións europeas: a Champions Cup e a Challenge Cup. O último clasificado cada temporada descende ao RFU Championship, sendo substituído polo campión da mesma.

Modelo:Competición deportivaPremiership Rugby
Editar o valor em Wikidata
Nome oficialPremiership Rugby (1997–)
National Division One (1987–1997) Editar o valor em Wikidata
Tipoprofessional sports league (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
OrganizadorRugby Football Union (1987–1996)
English First Division Rugby Ltd (en) Traducir (1996–2001)
Premiership Rugby Limited (en) Traducir (2001–) Editar o valor em Wikidata
PatrocinadorArthur J. Gallagher & Co. (en) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Liga inferiorRFU Championship (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Número de participantes11 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónInglaterra (Reino Unido) 53°N 1°O / 53, -11°O / 53, -1 Editar o valor em Wikidata
Vixencia1987 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadasetembromaio Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialpremiershiprugby.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: PremiershipRugby Twitter: premrugby Instagram: premrugby Editar o valor em Wikidata

Fundada en 1987, desde a súa fundación a competición ten recibido diferentes nomes por motivos de patrocinio: Courage League (1987−1997), Allied Dunbar League (1997−2001), Zürich Premiership (2001-2005), Guinness Premiership (2005−2010) e Aviva Premiership (2010−2018). O equipo máis laureado da historia da competición son os Leicester Tigers con dez títulos, seguidos por Bath e Wasps con seis e Saracens con cinco.

Competición

Formato

A tempada regular da Premiership vai de setembro a maio e consta de 22 xornadas, nas que cada club xoga contra o seu rival na casa e fora. Durante un partido da Premiership, os puntos que recibe cada equipo para a clasificación da liga poden ser gañados de varios xeitos distintos:

  • 4 puntos por unha vitoria.
  • 2 puntos por un empate.
  • 1 punto de bonus por perder por sete puntos ou menos.
  • 1 punto de bonus por marcar catro ensaios ou máis nun partido.
  • 0 puntos por unha derrota.

Tralas 22 xornadas da tempada regular, a posición final na táboa de clasificación determina que equipos acceden á fase final (os catro primeiros acceden a semifinais). O primeiro e o segundo teñen o privilexio de xogar na casa as semifinais fronte ao cuarto e terceiro respectivamente. As semifinais se xogan en maio, os gañadores de ámbolos dous partidos acceden á final do campionato, que se xoga en Twickenham. El vencedor da final é o gañador da Liga.

Ascensos e descensos

Hai un sistema de ascensos e descensos, a e dende a Premiership. O equipo clasificado no último lugar trala tempada regular da Premiership descende á National Division One, mentres que o campión da National Division One ascende á Premiership para a seguinte tempada. Porén, os ascensos e descensos están sometidos a un Criterio de Mínimos (Minimum Standards Criteria).

Competicións europeas

Os equipos que xogan a Premiership inglesa tamén compiten nas dúas competicións da European Professional Club Rugby: a Copa de Campións Europea de Rugby e a European Rugby Challenge Cup. Para a Copa de Campións Europea de Rugby clasifícanse os 6 primeiros equipos da liga. O resto de equipos da liga, excepto o que descende, clasifícanse para o European Rugby Challenge Cup. Tamén se clasifica para ese campionato o equipo que ascende. O sétimo clasificado, xoga un play-off de clasificación para poder ir a Copa de Campións Europea de Rugby. Se non gaña esa clasificación vai ao European Rugby Challenge Cup.

Patrocinadores

  • Courage League: de 1987-1988 a 1996-1997
  • Allied Dunbar Premiership: de 1997-1998 a 1999-2000
  • Zurich Premiership: de 2000-2001 a 2004-2005
  • Guinness Premiership: de 2005-2006 a 2009-2010
  • Aviva Premiership: de 2010-2011 a hoxe

Equipos

Os seguintes son os equipos da Gallagher Premiership para a temporada 2021−22.


Bristol Bears













Palmarés

Dende o nacemento do torneo ata a tempada 2001-2002 o equipo campión era aquel que remataba primeiro na táboa despois da tempada regular. Na tempada 2002-2003 comezaron a disputarse eliminatorias despois da tempada regular, e dende entón en adiante o campionato remata cunha final disputada no Estadio de Twickenham, en Londres:

TempadaCampiónResultadoSubcampión
2014-15 Saracens . 2º28 — 16 Bath
2013-14 Northampton . 1º24 — 20 Saracens
2012-13 Leicester . 10º37 — 17 Northampton
2011-12 Harlequins . 1º30 — 23 Leicester
2010-11 Saracens . 1º22 — 18 Leicester
2009-10 Leicester . 9º33 — 27 Saracens
2008-09 Leicester . 8º10 — 9 Irish
2007-08 Wasps . 6º26 — 16 Leicester
2006-07 Leicester . 7º44 — 16 Gloucester
2005-06 Sale . 1º45 — 20 Leicester
2004-05 Wasps . 5º39 — 14 Leicester
2003-04 Wasps . 4º10 — 6 Bath
2002-03 Wasps . 3º39 — 3 Gloucester
2001-02 Leicester . 6ºLiga Sale
2000-01 Leicester . 5ºLiga Wasps
1999-00 Leicester . 4ºLiga Bath
1998-99 Leicester . 3ºLiga Northampton
1997-98 Newcastle . 1ºLiga Saracens
1996-97 Wasps . 2ºLiga Bath
1995-96 Bath . 6ºLiga Leicester
1994-95 Leicester . 2ºLiga Bath
1993-94 Bath . 5ºLiga Leicester
1992-93 Bath . 4ºLiga Wasps
1991-92 Bath . 3ºLiga Orrell
1990-91 Bath . 2ºLiga Wasps
1989-90 Wasps . 1ºLiga Gloucester
1988-89 Bath . 1ºLiga Gloucester
1987-88 Leicester . 1ºLiga Wasps

Títulos

EquipoTítulos
Liga
Anos que gañouVeces 1º
en liga
Leicester Tigers101988, 1995, 1999, 2000, 2001, 2002, 2007, 2009, 2010, 201310
Bath Rugby61989, 1991, 1992, 1993, 1994, 19967
London Wasps61990, 1997, 2003, 2004, 2005, 20082
Saracens F.C.22011, 20151
Newcastle Falcons119981
Harlequin FC120061
Northampton Saints11
Gloucester Rugby03

Clasificación histórica

Táboa histórica da liga inglesa de rugby.
Equipo201615141312111009080706050403020100999897969594939291908988AnosVitoriasTítulos
Leicester Tigers433221114221561111442123645612940110
Bath Rugby9257854438941111132632121111314293446
London Wasps367811957254222727591433272132293376
Saracens FC141132398410510810543279115104252973
Gloucester Rugby89959376115641373106687854622529296-
Northampton Saints512444281261133545288105439242801
Harlequin FC7843178267126791194103386883783282681
Sale Sharks6761061011551013742101011755412232271
London Irish1210109766376310894887111097923202-
Newcastle Falcons11111112119101197791066118110191511
Bristol Rugby12931112896129664101197918131-
Exeter Chiefs258658673-
Orrell RUFC127579258561062-
Worcester Warriors1012111012111011891061-
Leeds Carnegie12101212811512852-
Nottingham RFC128648524-
Richmond FC95223-
West Hartlepool RFC141110912515-
Rosslyn Park FC137109415-
Moseley RFC1211107411-
London Scottish1210211-
Bedford Blues12131237-
Waterloo RFC111025-
London Welsh121225-
Rugby Lions131123-
Coventry RFC1113-
Rotterham Titans121222-
Liverpool St Helens FC131221-
  • Dende a tempada 2002-03 o título decídese nunhas eliminatorias posteriores á liga regular. A táboa baséase no número de encontros gañados, incluidos os das eliminatorias polo título. Os números refírense ó posto ocupado ó remate da liga regular. En vermello están sinalados os campións de cada tempada.


Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas