Atlas (mitoloxía)

Na mitoloxía grega, Atlas (/ætləs/; grego antigo: Ἄτλας) era un titán condenado a soster o ceo pola eternidade despois da Titanomaquia. Aínda que se asociou con varios lugares, identificouse comunmente coas montañas do Atlas no noroeste de África (Marrocos, Alxeria e Tunisia).[1]

Estatua de Atlas na Praza do Toural, en Santiago de Compostela

Xenealoxía

Atlas era o fillo de titán Xápeto e Océano Asia ou Climene, e irmán de Prometeo, Epimeteo e Menecio. Tivo moitos fillos, na súa maioría fillas, as Hespérides, as Híades, as Pléiades e a ninfa Calipso que vivía na illa Oxixia. Segundo o antigo poeta grego Hesíodo, Atlas atopábase nos confíns da Terra cara ao oeste. De acordo con The Greek Myths, de Robert Graves, os pelasgos crían que a deusa creadora Eurínome asignou a Atlas e a Febe para que gobernasen a Lúa. Hixinio enfatiza a natureza primordial de Atlas facéndoo o fillo de Éter e Gaia, aínda que o texto do Prefacio, onde fai esta afirmación, está algo corrupto. "Océano Atlántico" significa "Mar de Atlas", mentres que "Atlantis" significa "Illa de Atlas".[2][3]

O mito

Atlas como titán

Estatua de Atlas. Século II d.C. Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles

Atlas acaudillou os titáns na Titanomaquia ou guerra contra os olímpicos. Cando os titáns foron derrotados, Zeus condenou a Atlas a cargar co ceo (a Urano), moi preto do xardín das Hespérides. Nun principio só as ninfas Hespérides eran as encargadas de coidar as mazás de ouro[4], pero Hera non confiaba nelas, así que enviou a Ladón, para que xuntos se encargasen de vixiar as preciadas mazás de ouro. Atlas recordou a profecía de Temis, ameazou a Perseo e aconselloulle que se fose. Entón Perseo sostivo a cabeza de Medusa ante os ollos do titán, e así o converteu nunha enorme pedra que se chamaría cordal do Atlas. Dicíase destas montañas que eran tan altas que tocaban o ceo, aínda que as súas árbores eran tan densas que impedían subilas. Con todo, outras versións contan que Heracles, descendente de Perseo, enganou a Atlas para que recuperase algunhas mazás de ouro do xardín das Hespérides como parte dos seus doce traballos. Prometeo aconselloulle que non fose el mesmo a buscalas, senón que enviase a Atlas. Para logralo, Heracles ofreceuse a suxeitar o ceo mentres Atlas ía buscalas. Pero ao volver, Atlas non quixo aceptar a devolución dos ceos, e dixo que el mesmo levaría as mazás a Euristeo, o home que as pediu. Heracles enganouno de novo, pedíndolle que suxeitase o ceo un momento para acomodar a súa capa.[5]

Atlas como rei

Diodoro Sículo afirmaba na súa Biblioteca histórica​ que Atlas era un mítico rei de Mauritania, na antiga Libia. Dicíase que era un sabio filósofo e matemático e un extraordinario astrólogo, descubridor da esfericidade das estrelas e artífice do primeiro globo celeste. Esta sería a razón pola que terminaría converténdose nun personaxe fantástico que levaría o firmamento completo sobre os seus ombreiros.

Atlas casou con Hesperis, filla do seu irmán Héspero, coa que tivo as seis Hespérides, tamén chamadas Atlántides. A familia posuía rabaños de fermosas mazás de cor dourada. Busiris, o cruel rei de Exipto, enviou piratas para raptar as Hespérides. Cando estes estaban en camiño, Heracles chegou a Exipto e, por outras razónes, matou a Busiris. Mentres tanto, os piratas secuestraron as rapazas cando estas xogaban nun xardín e marcharon con ells. Desafortunadamente para eles, Heracles atopounos mentres comían nunha praia. Tras saber polas Hespérides o que ocorría, matou a todos os piratas e devolveu as rapazas ao seu pai Atlas, quen como recompensa lle deu as mazás de ouro que lle pedira o rei Euristeo de Micenas.[6]

Atlas na cultura

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • "Atlas". En Greek Mythology Link (en inglés)
  • "Atlas". En Theoi Project ( en inglés)