Athene Donald

física británica

Athene Margaret Donald (Athene Margaret Griffith) nada en Londres, Reino Unido, o 15 de maio de 1953 é unha física británica.[1] É profesora de Física Experimental na Universidade de Cambridge e profesora no Churchill College, Cambridge.[2][3][4][5]

Infotaula de personaAthene Donald

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de maio de 1953 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónGirton College
The Camden School for Girls (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolymer science (en) Traducir, física, Física teórica, física experimental (pt) Traducir, Física da materia condensada, Biofísica e polímero Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webchu.cam.ac.uk… Editar o valor em Wikidata
Twitter: AtheneDonald Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Estudou na Camden School for Girls e no Girton College, Cambridge. Licenciouse en Ciencias Naturais cunha especialidade en Física Teórica, seguida dun doutoramento en 1977 con investigación en microscopía electrónica.

Trasladouse á Universidade Cornell, onde pasou de traballar con metais a polímeros, antes de regresar a Cambridge (Departamento de Ciencia de Materiais) en 1981 e ao Laboratorio Cavendish en 1983. Converteuse en profesora de física experimental en 1998. O seu campo de estudo principal é a física da materia branda, particularmente as súas aplicacións aos organismos vivos e a relación entre a súa estrutura e outras propiedades.[6][7]

A súa investigación aplicou a microscopía, especialmente a microscopía electrónica de barrido ambiental, ao estudo de sistemas tanto sintéticos como biolóxicos, especialmente os agregados proteicos.[8][9][10][11][12]

Unha descrición da súa investigación pódese atopar na revisión sobre a recepción da Medalla Faraday do Instituto de Física en 2010.[13]

Traballo en igualdade de xénero

Entre 2006 e 2014 foi a directora de WiSETI, Women's Initiative in Science, Engineering and Technology na Universidade de Cambridge e foi a defensora da igualdade de xénero entre 2010 e 2014. Fóra da universidade, presidiu o Athena Forum desde 2009 a 2013, unha organización que busca dar unha visión estratéxica dos desenvolvementos que pretenden ou demostraron avanzar na progresión e representación das mulleres en ciencia, tecnoloxía, matemáticas e medicina na educación superior do Reino Unido. É membro do Grupo de Diversidade do BIS, do Consello de Igualdade e Diversidade da Universidade de Sheffield e do grupo de traballo sobre o equilibrio de xénero de ERC; é mecenas do Daphne Jackson Trust.

Escribe regularmente sobre o tema da muller na ciencia tanto nos principais medios[14][15] como no seu blog persoal. Tamén dá moitas charlas sobre o tema.

Recibiu o UKRC Lifetime Achievement Award en 2011,[16] un Suffrage Science Award polo Medical Research Council en 2013[17] e ten un retrato de si mesma feito por Tess Barnes colgado no Cavendish Laboratory.[18]

Premios e recoñecementos

En 1999 elixírona Fellow da Royal Society[19]

Notas