Astron

Observatorio espacial soviético con colaboración francesa

Astron foi un observatorio espacial soviético con colaboración francesa[5] lanzado o 23 de marzo de 1983 desde o cosmódromo de Baikonur mediante un foguete Proton K/D-1.[2]

Astron
Esquema de Astron
TipoObservatorio espacial.
Satélite deTerra
Data de lanzamento23 de marzo de 1983[1][2][3]
Foguete portadorProton K/D-1[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónObservación astronómica en raios X e ultravioleta.[2][4]
NSSDC ID1983-020A
Masa3250 kg[2][5]
Dimensións6 m de lonxitude[4]
Datos orbitais
Inclinación63,4 graos[5]
Apoapse189.290,3 km[5]
Periapse14.967,8 km[5]

Características

Astron foi lanzado a unha órbita altamente elíptica cun apoxeo a unha distancia de case a metade da distancia á Lúa, permitíndolle estar fora da sombra da Terra e dos cintos de radiación durante o 90% do tempo da súa órbita.[4]

O satélite deixou de funcionar en xuño de 1989, tras superar a súa esperanza de vida inicial, dun ano.[4]

Instrumentación

O instrumento principal era un telescopio franco-soviético para o ultravioleta de 5 metros de lonxitude. Ademais levaba a bordo un espectrómetro de raios X consistente nun contador proporcional sensible ós raios X con enerxías de entre 2 e 25 keV e cunha área efectiva de 0,17 m². O campo de visión era de 3°x3°.[4]

Resultados

O espectrómetro de raios X tomou datos continuous de Hercules X-1 1983 e 1984. Tamén observou fontes de raios X en Orión, Taurus e Leo.[4]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos