Ashot I de Armenia

Rei da Armenia bagátida

Ashot I (en armenio: Աշոտ Ա; c. 820 – 890) foi un rei armenio que gobernou durante o comezo da segunda idade de ouro de Armenia (862 – 977). Foi coñecido como Ashot o Grande (Աշոտ Մեծ) e era o fillo de Sembat VIII o Confesor, membro da dinastía Bagratuni.

Infotaula de personaAshot I de Armenia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hy) Աշոտ Ա Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento820 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte890 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Gogarena, Reino de Armenia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei de Armenia
855 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa Apostólica Armenia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca , monarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Armenia (885 (Gregoriano)–890 (Gregoriano))
Prince of princes of Armenia (en) Traducir (862 (Gregoriano)–884 (Gregoriano)) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia Bagrátida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeKatranide I
FillosSopi Bagratuni (en) Traducir, Sahak Bagratuni (en) Traducir, David Bagratuni (en) Traducir, unnamed Bagratuni (en) Traducir, Smbat I da Arménia (pt) Traducir, Schapuh Bagratuni (en) Traducir, Mariam Bagratuni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSmbat VIII Bagratuni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Hripsime princess (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSmbat Bagratuni (en) Traducir, Shapuh Bagratuni (en) Traducir, Moushegh Bagratuni (en) Traducir e Abas Bagratouni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Բագրատունի-1


Traxectoria

Primeiros anos

Ashot naceu contra o ano 820, fillo de Sembat VIII o Confesor e a súa muller Hripsime. Sembat VIII era sparapet (comandante supremo) e o fillo de Ashot Msaker, o príncipe de Amenia (r. 806–826).[1] Ashot tamén tivo un irmán chamado Abas. A familia, os Bagratunis, era unha das máis poderosas do reino, xunto ós Artsruni. Ámbalas dúas familias loitaron polo poder durante a guerra contra os invasores árabes. O reino foi posteriormente asumido polos armenios que derrocaron o goberno árabe. Sembat VIII foi exiliado a Samarra, onde morrería.[2] Ashot continuou vivindo na residencia de seu pai,[3] que se atopaba na cidade de Bagaran.[4] Casou con Katranide.[5] Ó igual que o seu pai, Ashot foi nomeado sparapet en 856 polo califa abbásida al-Mutawakkil.[6]

Príncipe de príncipes de Armenia

A fronteira árabe-bizantina durante a vida de Ashot.

Durante as guerras arabobizantinas, a maioría do territorio de Ashot atopábase preto da principal zona de conflito. En 862, Ashot foi recoñecido como Príncipe de Príncipes de Armenia polo califa al-Musta'in, quen o considerou unha medida de protección a prol do goberno autónomo do emir local.[7][8] Este título garantiulle a Ahot o status de rei de facto[9] e colocouno a un nivel de poder semellante ó dos emires,[7] pero non lle permitía ter un goberno e unha administración sobre o reino.[10] Ashot conservou este status durante os reinados dos califas al-Mu'tazz (866–869), al-Muhtadi (869–870) e al-Mu'tamid (870–892).

Ashot anexionou Bagrevand en 862, pouco despois da morte do gobernante e líder da dinastía Mamikonian, Grigor Mamikonian.[3] Ashot mediou entre Grigor-Derenik Artsruni e Gurgen Artsruni, curmáns e membros da familia Artsruni que controlaba Vaspurakan.[3] Ashot capturou a Grigor-Derenik[11] e reduciu o tamaño dos cantóns arredor de Van.[12] Posteriormente, Ashot liberou a Grigor-Derenik para evitar máis conflitos coa familia Artsruni. Ashot arranxou un matrimonio entre a súa filla, Sophie, e Grigor-Derenik, co obxectivo de reconciliarse.[13] Ashot tamén fortaleceu as relacións coa dinastía Siunia arranxando outro matrimonio entre a súa segunda filla, Mariam, co príncipe Vasak Gabur IV.[14] Estas lazos familiares axudaron a fortalecer as relacións entre os fillos de Ashot e as demais dinastías.

Ashot usou o seu apoio para comezar unha guerra contra os emires. Comezou derrotando os Kaysites de Manazkert en 863,[15] coa axuda do seu irmán e sparapet, Abas Bagratuni.[3] En 877, comezou a loitr contra o emir de Barda a carón do seu ostikan; porén, o fracaso deste ostikan provocou a súa substitución.[16] O novo ostikan fixo en segredo un pacto de paz co emir e traizoou a Ashot. Ashot aprendeu desta conspiración na súa contra e enviou a Abas a desarmar o ostikan en Dvin; Abas escortouno até a fronteira seguindo as indicacións de Ashot para evitar as represalias do califa.[17] Ashot derrotou os emires de Barda eManazkert, poñendo sitio a esta última cidade en 884; porén, o sitio cesou prematuramente. O asedio provocou que Grigor-Derenik se preocupase polas fronteiras de Taron, que estaba baixo o control de Grigor-Derenik.[18] Ashot conseguiu o control das rexións de Gugark e Utik[19] a comezos de 860.[20]

O poder de Ashot estendeuse até a Iberia caucásica, onde algúns membros da familia Bargatuni se asentaran a finais do século VII. Alí, arredor do ano 875, formou unha alianza con Bagrat I de Iberia, o seu irmán político, contra o irmán de Bagrat, Guaram Mampali.[21] Xuntos, Ashot e Bagrat derrotaron a Guaram. En 881, Ashot formou unha alianza con David I de Iberia e Adarnase IV de Iberia, o fillo e o neto de Bagrat respectivamente, para derrotar o fillo de Guaram, Nasra of Tao-Klarjeti.[22]

Rei de Armenia

As fronteiras da Armenia bagrátida dende 884 até 962.

Varios armenios prominentes daquela época, incluíndo Grigor-Derenik Vaspurakan, insistiron na coración de Ashot.[23] Ashot foi corado rei de Armenia a través do consentimento do califa al-Mu'tamid en 885 para previr a intrusión en territorio armenio de Basilio I, un emperador bizantino de orixe armenia.[24] Como resultado da coroación, Ashot restaurou a monarquía armenia e converteuse en fundador do reino medieval de Armenia, tamén coñecido como Armenia bagrátida, chamada así pola dinastía gobernante, os Bagratunis. O reino bagrátida durou até o ano 1045, cando foi anexionado polo Imperio Bizantino.[25]

Malia o seu novo status, Ashot permaneceu subordinado ó califa e foi sometido á supervisión dos emires de Acerbaixán.[26] Todo príncipe armenio estaba baixo a autoridade de Ashot (aínda que no efecto de primus inter pares[27]). Dvin e os emiratos de Manazkert e Karin (e, segundo Constantino VII, Khoy e Salmas)[28] tamén estiveron baixo o control de Ashot, a pesar da falta de aceptación dos gobernos locais.[26] O emir de Manazkert foi deste xeito derrotado e forzado a someterse ó mandato de Ashot en 885.[29]

A influencia de Ashot continuou non só en Armenia senón tamén en Iberia. Despois da morte de Grigor-Derenik Artsruni en 887, Ashot puxo ó seu propio neto (e o fillo de Grigor-Derenik), Ashot-Sargis Artsruni, baixo o coidado do seu parente Gagik Aboumerwan Artsruni.[30] En 887 e 888, Ashot apoiou ó seu sobriño Adarnase IV de Iberia no derrocamento de Bagrat I de Abkhazia.[28] Tamén en 888, Ashot enviou ó seu irmán Abas a Kars para deter unha rebelión liderada polo príncipe Sahak-Mleh de Vanand.[28]

Ashot viaxou a Gugark para deter outra rebelión, loitando a carón do seu fillo e herdeiro, Sembat I. Morreu en 890. O historiador contemporáno Hovhannes Draskhanakerttsi dá unha conta da súa morte:

Trala súa morte no camiño, nunha pousada nun lugar rochoso chamado K'arsparn, levaron o seu corpo nun ataúde e levárono á vila (awan) de Bagaran, a residencia real, onde cubriron o ataúde con túnicas e veos entrelazados e adornados con ouro; e escolleron coidadosamente destacamentos de forzas militares vestidos de armas e adornos que estaban gardados. O gran katholikos, acompañado polo resto dos clérigos da igrexa, tamén saíu e cantou solemnemente os salmos e levantou a voz nos seus eloxios. Os seus tres fillos, os príncipes [gaherec] principais da casa real e outros amigos seguiron o ataúde, e así chegaron ó cemiterio.... Entón, fixeron unha tumba [axeitada] para a realeza e enterrárono no cemiterio dos seus antepasados.[31][32]

Sembat I sucedeuno.

Crecemento armenio baixo o seu goberno

A restauración de Ashot da monarquía armenia veu acompañado dun crecemento económico[27] e un rexudir das artes e da relixión.[33] Diversas construción culturais foron restauradas e renovadas. Baixo o reinado de Ashot, foi creado o primeiro khachkar en 879 como un tributo á muller de Ashot, Katranide.[34] Tamén se produciu un certo crecemento urbano[35] e floreceu a agricultura. Os viñedos convertéronse nunha industria moi exitosa.[36]

Relixión

Mosteiro de Sevanavank, fundado en 874 pola filla de Ashot, Mariam, e doado por Ashot.[37]

Ashot apoiou a Igrexa apostólica armenia durante o seu reinado.[38] Ashot viu a posibilidade de fusionar a igrexa coa Igrexa ortodoxa bizantina, debido á influencia do Imperio Bizantino na rexión,[7] e temía que o Imperio Bizantino lle negase a súa reclamación ó trono. En 862, cando o Patriarca de Constantinopla Focio I intentou unir a Igrexa armenia enviando dúas cartas ós católicos Zacarías I e Ashot, Zacarías e Ashot reuníronse en consello en Yerazgavors;[39] a ambigua resposta[9] foi formulada por Ashot.[7] Ashot continuou a recibir comunicacións epistolares; en 882, recibiu unha carta cunha Vera Cruz concedida ós católicos Mashtots I, que era amigo de Ashot (a cruz perdeuse).[40] Ashot tamén apoiou o desexo da Igrexa armenia de separarse da Igrexa da Albania Caucásica.[24] Ashot doou varios tesouros ós católicos armenios para distribuílos nas igrexas.[41]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Federal Research Division (2004). Armenia: A Country Study. Kessinger Publishing. ISBN 1-4191-0751-8. 
  • Cheynet, Jean-Claude (2006). "L’expansion byzantine durant la dynastie macédonienne (867-1057)" [Byzantine Expansion During the Macedonian Dynasty (867-1057)]. Le monde byzantin : L’Empire byzantin (641-1204) [The Byzantine World: The Byzantine Empire (641-1204)]. Nouvelle Clio — L’histoire et ses problèmes (en francés) 4. Paris. pp. 23–42. ISBN 978-2-13-052007-8. 
  • Cowe, S. Peter (2000). "Relations Between the Kingdoms of Vaspurakan and Ani". Armenian Van/Vaspourakan. Costa Meza: Mazda. pp. 73–85. ISBN 9781568591308. 
  • Donabédian, Patrick; Thierry, Jean-Michel (1987). Les arts arméniens [The Armenian Arts] (en francés). Paris: Éditions Mazenod. ISBN 2-85088-017-5. 
  • Dorfman-Lazarev, Igor (2004). Arméniens et Byzantins à l’époque de Photius : Deux débats théologiques après le triomphe de l’orthodoxie [Armenians and Byzantines in the Time of Photius: Two Theological Debates After the Triumph of the Orthodoxy] (en francés). Louvain: Peeters Publishers. ISBN 978-90-429-1412-4. 
  • Durand, Jannic (2007). "Reliquaires et orfèvrerie liturgique" [Reliquaries and Liturgical Goldsmithery]. Armenia sacra — Mémoire chrétienne des Arméniens (IVe ‑ XVIIIe siècle) [Sacred Armenia – Christian Memory of Armenians (4th - 18th Centuries)] (en francés). Paris: Somogy / Musée du Louvre. pp. 198–225. ISBN 978-2-7572-0066-7. 
  • Garsoïan, Nina (2004) [Publicación orixinal en 1997]. "The Independent Kingdoms of Medieval Armenia". Armenian People form Ancient to Modern Times, vol. I : The Dynastic Periods: From Antiquity to the Fourteenth Century. Palgrave Macmillan. ISBN 978-1403964212. 
  • Garsoïan, Nina (2007) [Publicación orixinal en 1982]. "Indépendance retrouvée : royaume du Nord et royaume du Sud (IXe-XIe siècle) - Le royaume du Nord" [Independence Found: Northern Kingdom and Southern Kingdom (9th - 11th Century) - The Northern Kingdom]. Histoire du peuple arménien [History of the Armenian People] (en francés). Toulouse. ISBN 978-2-7089-6874-5. 
  • Ghazarian, Jacob G. (2001). The Armenian Kingdom in Cilicia During the Crusades. UK: Routledge. ISBN 0-7007-1418-9. 
  • Grousset, René (2008) [Publicación orixinal en 1947]. Histoire de l'Arménie des origines à 1071 [History of the Origins of Armenia until 1071] (en francés). Paris. ISBN 978-2-228-88912-4. 
  • Manuk-Khaloyan, Armen (2013). "In the Cemetery of their Ancestors: The Royal Burial Tombs of the Bagratuni Kings of Greater Armenia (890-1073/79)". Revue des Études Arméniennes 35. 
  • Martin-Hisard, Bernadette (2007) [Publicación orixinal en 1982]. "Domination arabe et libertés arméniennes (VIIe ‑ IXe siècle)" [Arab Domination and Armenian Freedom (8th-9th Century)]. Histoire du peuple arménien [History of the Armenian People] (en francés). Toulouse. pp. 213–241. ISBN 978-2-7089-6874-5. 
  • Redgate, Anne Elizabeth (2000). The Armenians. The Peoples of Europe. Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 0-631-22037-2. 
  • Thierry, Jean-Michel (2007) [Publicación orixinal 1982]. "Indépendance retrouvée : royaume du Nord et royaume du Sud (IXe-XIe siècle) - Le royaume du Sud : le Vaspourakan" [Independence Found: Northern Kingdom and Southern Kingdom (9th - 11th Century) - The Southern Kingdom: The Vaspurakan]. Histoire du peuple arménien [History of the Armenian People] (en francés). Toulouse. ISBN 978-2-7089-6874-5. 
  • Toumanoff, Cyrille (1990). Les dynasties de la Caucasie chrétienne de l'Antiquité jusqu'au XIXe siècle : Tables généalogiques et chronologiques [The Dynasties of the Christian Caucasus of Antiquity Until the 19th Century: Genealogical and Chronological Tables] (en francés). Rome. pp. 121, 129.