As tres xemelgas
serie de contos e debuxos animados
As tres xemelgas[1][2] (en catalán: Les tres bessones) son unha serie de contos infantís e unha serie de televisión creados pola catalá Roser Capdevila sobre tres irmás xemelgas chamadas Anna, Teresa e Helena. En Cataluña, a serie foi emitida orixinalmente en TV3 e Super 3 en catalán.
As tres xemelgas | |
---|---|
Formato | Animación Aventuras |
Creado por | Roser Capdevila |
Desenvolvido por | Cromosoma Televisió de Catalunya |
Dirixido por | Baltasar Pedrosa Clavero Robert Balser |
Intérpretes | Teresa Soler Mònica Padròs Marta Barbarà Elsa Fàbregas Jordi Vila |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Catalán |
Temporadas | 2 |
Episodios | 104 |
Produción | |
Duración | 25 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | ![]() |
Primeiro episodio | 1997 |
Derradeiro episodio | 2003 |
Na rede | |
http://www.super3.cat/psuper3/sp3Item.jsp?idint=51&item=programa&seccio=serie | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
Ana, Elena e Teresa son unhas irmás xemelgas que, sempre que cometen algunha trasnada, son castigadas pola Meiga Aborrecida enviándoas a diversos contos ou sucesos da historia para que aprendan. Alí, deben axudar aos personaxes do conto se queren saír do mesmo e non quedar atrapadas, o cal é o principal obxectivo da meiga. Teresa, a máis espelida das xemelgas, sempre consegue salvar a situación mediante o seu enxeño para poder escapar da Meiga Aborrecida.
Personaxes
Personxaes | Voces catalás | |
---|---|---|
Primeira tempada | Segunda tempada | |
Anna | Teresa Soler | |
Teresa | Mònica Padròs | |
Helena | Marta Barbarà | |
Meiga Aborrecida | Elsa Fàbregas | |
Moucho | Jordi Vila |
Notas
Véxase tamén
- A meiga aborrecida
Ligazóns externas
- As tres xemelgas na IMDb (en inglés).
🔥 Top keywords: PortadaÁlvaro MorataEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesVerónica BoqueteEurocopa de FútbolAymeric LaporteDani CarvajalShannen DohertyJesús NavasJoselu MatoEstadio Olímpico de BerlínEleccións ao Parlamento Europeo de 2024Selección de fútbol de EspañaIñaki WilliamsJude BellinghamSegunda guerra mundialJosé Ramón GarcíaRafael NadalLuke PerryPablo AmoWilli BaumeisterDonald TrumpTubingaSan Román de Vilaestrofe, CervoAWStatsWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISelección de fútbol de InglaterraPosicións sexuaisGaliciaAxuda:Cambios relacionadosBlas de LezoGrand Slam (tenis)Novak ĐokovićMartín ZubimendiBenito KamelasLista de castelos de PortugalWikipediaAndrés Iniesta