Arvicola jacobaeus

Arvicola jacobaeus †
Estado de conservación

Extinto
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Orde:Rodentia
Familia:Cricetidae
Subfamilia:Arvicolinae
Xénero:Arvicola
Especie:A. jacobaeus †
Nome binomial
Arvicola jacobaeus †
Cuenca−Bescós, Agustí, Lira,
Melero−Rubio & Rofes 2010 [1]

Arvicola jacobaeus é unha especie fósil de mamífero placentario da orde dos roedores, suborde dos miomorfos, superfamilia dos muroideos, familia dos cricétidos e subfamilia dos arvicolinos, unha das integradas no xénero Arvicola.[1]

Descrición

A especie foi descrita en 2020 polos investigadores Gloria Cuenca-Bescós, da Universidade de Zaragoza, Jordi Agustí, do Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social de Tarragona, Jaime Lira, da Universidade Complutense de Madrid e María Melero Rubio, da Universidade de Zaragoza.[1][2]

Este descubrimento foi o resultado do achado dun total de 121 pezas dentarias fosilizadas do sitio paleontolóxico plistocénico de Atapuerca.[3][4]

Nome específico

O seu nome epecífico provén do treito do Camiño de Santiago que atravesa a serra de Atapuerca e, así mesmo, en honor ao símbolo por excelencia dos peregrinos: unha das especies de vieiras,[3] Pecten jacobaeus (Linnaeus, 1758).[4]

Carecterísticas

Trátase dunha rata de auga de 18 a 22 cm de lonxitude, cunha cola de 10 a 14 cm, e de entre os 155 e os 300 g de peso. O equipo de investigación que a descubriu confirmou que se trataba da rata de auga máis antiga, de 1,2 millóns de anos de antigüidade.[1][5]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cuenca−Bescós, G., Agustí, J., Lira, J., Melero−Rubio, M., and Rofes, J. (2010): "A new species of water vole from the early Pleistocene of Southern Europe". Acta Palaeontologica Polonica 55 (4): 565–580.

Outros artigos