Arturo Seoane

futbolista uruguaio

Arturo Seoane, alcumado Gallego, nado en Durazno, Uruguai, o 24 de maio de 1913 e finado o 12 de abril de 1987, foi un futbolista uruguaio, que xogaba de defensa.

Seoane
Información persoal
NomeArturo Seoane
Nacemento24 de maio de 1913
Lugar de nacementoDurazno
Falecemento12 de abril de 1987
PosiciónDefensa
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1931–1945Wanderers
Selección nacional
1936–1937Uruguai3(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Clubs

Xogou con Wanderers na Primeira División do Uruguai entre 1931 e 1945, gañando o campionato en 1931.[1]

Selección nacional

Debutou coa selección uruguaia o 9 de agosto de 1936 nun partido contra a Arxentina correspondente á Copa Juan Mignaburu. Formou parte da escuadra uruguaia no Campionato Suramericano de 1937 en Buenos Aires. Disputou un total de tres partidos co equipo celeste.[2][3]

Palmarés

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas