Artur

nome masculino

Artur[1] é un nome propio masculino de orixe celta na súa variante en galego. O seu significado é "Gardián da osa", referíndose á constelación, malia poder tamén ser interpretado noutras ocasións coma "oso forte" ou "oso nobre". O Rei Artur é un personaxe moi soado da literatura europea, especialmente na inglesa, mais popular tamén na galega pola influencia céltica; e que tamén pode ser atopado na literatura latina; onde aparece coma o monarca ideal, tanto na guerra como na paz, polos seus valores como estratego da armada inglesa. Conta coa variante galega Artús.

Pintura do Rei Artur por Charles Ernest Butler.

Orixe

A orixe do nome de Artur segue a ser motivo de debate. Algúns suxiren que deriva dos segundos nomes que empregaban os romanos (Artörius), de etimoloxía escura e controvertida[2][ (mais posibelmente dos mesapios[3][4][5] ou de orixe etrusca[6][7][8]).

Algúns eruditos teñen suxestionado que é relevante para este debate entender que o nome do lendario Rei Artur aparece unicamente coma Arthur, ou Arturus nos textos en latín antigo e nunca como Artörius (aínda que dialectos de latín vulgar converteron Artörius en Arturius). Porén, isto non pode explicar res sobre a orixe do nome Arthur, proveniente de Artörius. En galés, frecuentemente ao mencionar Artörius convértese en Art(h)ur.[9]Outra teoría di que o nome deriva do patronímico bretón «Arto-rīg-ios» que significa fillo do «Rei Oso» e que se atopa no nome persoal do antigo irlandés Art-ri e que pode ser unha adaptación latinizada de Artōrius.[10] Menos probábel é a proposta de derivación común do galés Arth «oso» + (g) wr «home» (antes en bretón Arto-uiros). Hai dificultades fonolóxicas con esta teoría, especialmente cando se relaciona con nomes bretóns compostos. Arto-uiros debe provir do antigo galés e Artgur do galés medio e moderno e non Arthur; Arthwr e non Arthur (na poesía galesa o nome sempre se escribe Arthur e rima exclusivamente con verbas rematadas en ur e nunca con verbas rematadas en wr o que confirma que o segundo elemento non pode ser [g]wr «home»).[11][12]

Unha última teoría, que só conseguiu unha aceptación limitada entre os eruditos,[10][13][14][15][16][17] deriva o nome de Artur do latín Arcturus, a estrela máis brillante na constelación de Boötes, achegada á Osa Maior,[18] que é a romanización do grego Αρκτοῦρος (Arktouros) e significa «gardián da osa»,[19] composta así: ἄρκτος (Arktos): «oso»[20] + οὖρος (Ouros): «vixilante ou gardián».[21] Do latín clásico Arcturus podería terse convertido en Art(h)ur que sucede cando se menciona en galés, e por mor do seu brillo e da súa posición no ceo levou á xente a ver esta estrela coma o «gardián da osa» e o «líder» das outras estrelas de Boötes.[22] Existe un nome en lingua irlandesa antiga que é Artúr, que se cre deriva directamente do dialecto galés antigo ou cúmbrico Artur.[23] A historia presenta este nome no fillo ou neto de Áedán mac Gabráin (ano 609 d.C.).

Santoral

1 de setembro: Santo Artur, presbítero e mártir.

O nome en Galicia

A variante galega do nome é pouco común hoxe en Galicia, as máis das veces sendo substituída pola variante castelá: Arturo. 112 varóns levan o nome de Artur en Galicia. En Cataluña, onde o nome coincide con galego a frecuencia é moito maior. Con todo a variante castelá conta en Galicia con 3032 varón, sendo a zona peninsular de maior frecuencia.[24]

Variantes noutras linguas

Variantes noutras linguas
Lingua alemáArthur
Lingua aragonesaArturo
Lingua armeniaԱրթուր (Artur)
Lingua asturianaArturu
Lingua bretoaArzhur
Lingua búlgaraАртур (Artur)
Lingua cataláArtur o Artus
Lingua checaArtur
Lingua croataArtur
Lingua dinamarquesaArthur
Lingua eslovacaArtúr
Lingua eslovenaArtur
Lingua españolaArturo
EsperantoArturo
Lingua estonianaArtur
lingua éuscaraArtur
Lingua finesaArttu, Artturi
Lingua francesaArthür
Lingua galesaArthur
Lingua galegaArtur
Lingua gregaΑρθούρος (Arthoúros)
Lingua hebraicaארתור (Arthur)
Lingua neerlandesaArthur
Lingua húngaraArtúr
Lingua inglesaArthur
Lingua irlandesaArtúr
Lingua islandesaArthur, Artúr
Lingua italianaArturo
Lingua latinaArthurus
Lingua letoaArtūrs
Lingua lituanaArtūras
Lingua norueguesaArtur
Lingua polonesaArtur
Lingua portuguesaArthur, Artur
Lingua romanesaArthur, Artur
Lingua rusaАртур (Artur)
Lingua serbiaАртур (Artur)
Lingua suecaArtur
Lingua xeorxianaართური (Artur)

Personaxes célebres

Reis

Monarcas e membros de casas reais
BretañaArtur I, Duque da Bretaña (1201-1203).
Artur II, Duque da Bretaña (1305-1312).
Artur III, Duque da Bretaña (1457-1458).

Outras personalidades

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2. 
  • Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3. 
  • Barber, Richard (1986). King Arthur: Hero and Legend. Woodbridge, Reino Unido: Boydell Press. ISBN 0851152546. .
  • Higham, N. J. (2002). King Arthur, Myth-Making and History. Londres: Routledge. ISBN 978-0415213059. .
  • Malone, Kemp (Maio, 1925). "Artorius". Modern Philology 22 (4): 367–74. doi:10.1086/387553. .

Outros artigos