Arciprestado de Tui-Entenza

O arciprestado de Tui-Entenza é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo.

División eclesiástica de Galicia.

Historia e xeografía

Formouse no ano 2016[1], como resultado da fusión dos Arciprestados de Tui e Entenza, aínda que algunhas parroquias desta última pasaron a formar parte do novo arciprestado de Tea-Condado[2].

En total, o arciprestado abrangue 15 parroquias dos concellos de Salceda de Caselas, Tomiño e Tui[3]. Limita cos arciprestados da Guarda-Tebra, Miñor, A Louriña e Tea-Condado. O río Miño exerce de fronteira coa diocese de Viana do Castelo (Portugal).

Mapa coas parroquias pertencentes ao concello de Tui.

Toma o seu nome da cidade de Tui e mais da parroquia de Entenza.

Parroquias

Galería de imaxes

Notas