Arbeit macht frei

Arbeit macht frei é unha frase alemá cuxa tradución ó galego é ‘o traballo libera’. Aínda que ás veces poida ser entendida como ‘o traballo libérate’ ou ‘o traballo faivos libres’, a frase en cuestión foi formulada na lingua teutoa empregando un modo estritamente impersoal. O lema foi emprazado sobre os accesos a numerosos campos de concentración e exterminio estabelecidos polo réxime nazi.[1]Arbeit macht frei é unha frase intencionalmente ambigua: suxire non só que o traballo libera as vítimas detidas polo nazismo, senón a ocupación dos nazis ó consumar o asasinato premeditado de enormes masas humanas de orixe e condición diversa (opositores ao réxime, librepensadores, xudeus, masóns, xitanos, comunistas, homosexuais, e inimigos de guerra, entre os que non faltaron cristiáns).

Entrada de Auschwitz I coa inscrición Arbeit macht frei.

Orixe

Arbeit macht frei é o título dunha novela do autor nacionalista alemán Lorenz Diefenbach publicada en Viena en 1873.[2][3] Nesta mesma cidade, en 1922 serían impresos selos co lema por parte da Asociación de escolas alemás antisemitas. En 1927, Arbeit macht frei foi adoptado como slogan por parte do Goberno da República de Weimar enxalzando os efectos da súa política de impulso de grandes obras públicas para combater o desemprego. Este slogan foi mantido polo goberno do NSDAP (Partido Nazi) dende que chegou ó poder en 1933 e até implantalo logo nos campos de exterminio masivo.

Notas