Arantei, Salvaterra de Miño
San Pedro de Arantei é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño. Segundo o padrón municipal de 2022 tiña 424 habitantes (212 homes e 212 mulleres),[2] distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 460 habitantes.
Arantei | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de San Pedro. | |
Concello | Salvaterra de Miño[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°04′41″N 8°32′09″O / 42.078078, -8.5357018°32′09″O / 42.078078, -8.535701 |
Poboación | 424 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pertence ó arciprestado de Entenza.
No mes de xullo celébrase desde 1998 un festival folclórico con grupos internacionais na área recreativa do Manteiro.
Historia
A parroquia chamouse Retorta até a metade do século XVII por estar a igrexa parroquial nunha retorta do río Miño. No ano 1647 comezouse a construción do novo templo no lugar alto denominado Arantei, do cal tomou o nome, e foi inaugurado o 17 de novembro de 1652.[3][4]
Galería de imaxes
- Cruceiro do Común.
- Detalle da igrexa.
- Viraventos, ave do paraíso.
Lugares e parroquias
Lugares de Arantei
Lugares da parroquia de Arantei no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) | |
---|---|
A Agrela | A Carrilla | As Cerdeiriñas | A Corredoura | O Currás | Gondarán | A Igrexa | Os Laranxeiros | O Montiño | A Muguiña | Novelle | A Pedra Moura | A Praza | A Quinta de Fillaboa | A Rúa Nova | O Xestal |
Parroquias de Salvaterra de Miño
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Arantei na páxina da Diocese de Tui-Vigo.