Aplauso ao persoal sanitario

O aplauso polo persoal sanitario foi un xesto de aclamación, recoñecemento e gratitude cara ao persoal sanitario en homenaxe ao seu labor durante a pandemia de COVID-19 (SARS-CoV-2). A iniciativa xurdiu en xaneiro de 2020 na cidade chinesa de Wuhan, orixe da pandemia. Posteriormente estendeuse a outros países durante as corentenas e cordóns sanitarios ordenados como medidas preventivas durante a pandemia.[1] Os primeiro país en replicar o agradecemento foi Italia, os primeiros días de marzo durante a corentena decretada polo goberno italiano o día 9 dese mes.[2][3]

Aplausos do día 23 de marzo en Pamplona durante o confinamento pola pandemia de COVID-19.

Descrición

Consistía en brindar unha ovación a xeito de aplauso especialmente nas grandes aglomeracións urbanas, onde hai unha gran cantidade de edificios multifamiliares. Constituía unha homenaxe e agradecemento ao persoal sanitario, quen se atopaban nun alto risco de exposición ao virus, amais de promover que as persoas permanecesen nos seus fogares.[4] Este evento filantrópico foi altamente difundido polas redes sociais e converteuse en todo un fenómeno de Internet.[5]

Orixinalmente xurdiu por mor das aclamacións da poboación de Wuhan, que berraban jiāyóu, literalmente "bota aceite" (un modismo chinés para expresar "mantede a loita") ao persoal sanitario e á veciñanza desde as súas casas.[1] Nun principio constaba sobre todo de aclamacións e berros de ánimo. Porén, tras a diseminación global da pandemia, pasou a ser unha actividade baseada en aplausos.

Nalgúns lugares, o xesto tamén se estendeu a outros colectivos vulnerábeis de infección, como os corpos de seguridade, as forzas armadas ou o persoal dos supermercados, entre outros.[6][7]

Tamén se sumaron algunhas figuras públicas a esta iniciativa, con vídeos nas súas redes sociais aplaudindo o labor do persoal sanitario. Algunha delas foron o futbolista brasileiro Neymar[8] e os fillos do príncipe Guillerme de Cambridge, Xurxo, Carlota e Lois, en nome da familia real británica.[9]

Países e cidades onde se levou a cabo a iniciativa

Véxase tamén

  • Eu quedo na casa

Notas