Apinos

Apinos
Apinae

Apis mellifera
(A frecha sinala a distintiva corbícula)
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Arthropoda
Clase:Insecta
Orde:Hymenoptera
Suborde:Apocrita
Superfamilia:Apoidea
Familia:Apidae
Subfamilia:Apinae
Latreille, 1802
Tribos e Xéneros
Véxase o texto

A dos apinos (Apinae) é unha subfamilia de insectos da orde dos himenópteros, suborde dos apócritos, superfamilia dos apoideos, unha das tres que comprende a familia dos ápidos.[1]

Trátase dunha ampla subfamilia que comprende máis de 3 500 especies distribuídas en 20 tribos con máis de 160 xéneros.

Características

Os apinos caracterízanse pola posesión dunha corbícula, unha modificación da tibia posterior, que é unha adaptación biolóxica para o almacenamento e o transporte de pole, polo que se chama tamén "cesta do pole",[2] ausente só nos machos e nas abellas raíñas dalgunhas especies (que non son recolectores de pole), e dun rastellum, que é unha fileira de serdas ríxidas situada xunto ao ápice da tibia,[3] co que recolectan o pole na corbícula.

Taxonomía

Descrición

A subfamilia foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille.

Etimoloxía

O nome científico Apinae está formado polos elementos do latín científico ap- e -inea. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Apis, e o segundo é o sufixo empregado para formar os nomes das subfamilias de animais.[4]

Clasificación

A clasificación dos apinos variou moito en época recente, sobre todo pola constante reclasificación producida polo descubrimento de novas especies.[5]

Hoxe en día recoñécense na subfamilia as seguintes tribos, cos xéneros que se indican:

Tribo Ancylaini
  • Xénero Ancyla
  • Xénero Tarsalia
Tribo Apini
Tribo Bombini
Tribou Centridini
  • Xénero Centris
  • Xénero Epicharis
Tribo Ctenoplectrini
  • Xénero Ctenoplectra
  • Xénero Ctenoplectrina
Tribo Emphorini
  • Xénero Alepidosceles
  • Xénero Ancylosceles
  • Xénero Diadasia
  • Xénero Diadasina
  • Xénero Meliphilopsis
  • Xénero Melitoma
  • Xénero Melitomella
  • Xénero Ptilothrix
  • Xénero Toromelissa
Tribo Ericrocidini
  • Xénero Acanthopus
  • Xénero Aglaomelissa
  • Xénero Ctenioschelus
  • Xénero Epiclopus
  • Xénero Ericrocis
  • Xénero Hopliphora
  • Xénero Melissa
  • Xénero Mesocheira
  • Xénero Mesonychium
  • Xénero Mesoplia
Tribo Eucerini
  • Xénero Agapanthinus
  • Xénero Alloscirtetica
  • Xénero Canephorula
  • Xénero Cemolobus
  • Xénero Cubitalia
  • Xénero Eucera
  • Xénero Eucerinoda
  • Xénero Florilegus
  • Xénero Gaesischia
  • Xénero Gaesochira
  • Xénero Hamatothrix
  • Xénero Lophothygater
  • Xénero Martinapis
  • Xénero Melissodes
  • Xénero Melissoptila
  • Xénero Micronychapis
  • Xénero Notolonia
  • Xénero Pachysvastra
  • Xénero Peponapis
  • Xénero Platysvastra
  • Xénero Santiago
  • Xénero Simanthedon
  • Xénero Svastra
  • Xénero Svastrides
  • Xénero Svastrina
  • Xénero Synhalonia
  • Xénero Syntrichalonia
  • Xénero Tetralonia
  • Xénero Tetraloniella
  • Xénero Thygater
  • Xénero Trichocerapis
  • Xénero Xenoglossa
Tribo Euglossini
  • Xénero Aglae
  • Xénero Eufriesea
  • Xénero Euglossa
  • Xénero Eulaema
  • Xénero Exaerete
Tribo Exomalopsini
  • Xénero Anthophorula
  • Xénero Chilimalopsis
  • Xénero Eremapis
  • Xénero Exomalopsis
  • Xénero Isomalopsis
  • Xénero Teratognatha
Tribo Isepeolini
  • Xénero Isepeolus
  • Xénero Melectoides
Tribo Melectini
  • Xénero Afromelecta
  • Xénero Bombomelecta
  • Xénero Brachymelecta
  • Xénero Melecta
  • Xénero Pseudomelecta
  • Xénero Sinomelecta
  • Xénero Tetralonioidella
  • Xénero Thyreus
  • Xénero Xeromelecta
  • Xénero Zacosmia
Tribo Meliponini
  • Xénero Austroplebeia
  • Xénero Friesella
  • Xénero Frieseomellita
  • Xénero Cephalotrigona
  • Xénero Cleptotrigona
  • Xénero Dactylurina
  • Xénero Hypotrigona
  • Xénero Kelneriapis
  • Xénero Lestrimelitta
  • Xénero Liotrigona
  • Xénero Lisotrigona
  • Xénero Melipona[6]
  • Xénero Meliponorytes
  • Xénero Meliponula
  • Xénero Meliwillea
  • Xénero Nannotrigona
  • Xénero Nogueirapis
  • Xénero Oxytrigona
  • Xénero Paratrigona
  • Xénero Pariotrigona
  • Xénero Partamona
  • Xénero Plebeia
  • Xénero Plebeina
  • Xénero Proplebeia
  • Xénero Scaptotrigona
  • Xénero Schwarzula[7]
  • Xénero Trichotrigona
  • Xénero Trigona
  • Xénero Geotrigona
  • Xénero Trigonisca
Tribo Osirini
  • Xénero Epeoloides
  • Xénero Osirinus
  • Xénero Osiris
  • Xénero Parepeolus
  • Xénero Protosiris
Tribo Protepeolini
  • Xénero Leiopodus
  • Xénero Protepeolus
Tribo Rhathymini
  • Xénero Rhathymus
Tribo Tapinotaspidini
  • Xénero Arhysoceble
  • Xénero Caenonomada
  • Xénero Chalepogenus
  • Xénero Monoeca
  • Xénero Paratetrapedia
  • Xénero Tapinotaspis
  • Xénero Tapinotaspoides
  • Xénero Trigonopedia
Tribo Tetrapediini
  • Xénero Coelioxoides
  • Xénero Tetrapedia

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
  • Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects, 2ª ed. Boca Ratón, Londres, Nova York, Washington DC: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9.
  • Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
  • Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
  • Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
  • O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
  • Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
  • Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M & Vilhelmsen, L. (2012): "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera". Cladistics 28 (1): 80–112.
  • Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
  • Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.

Outros artigos

Ligazóns externas